Sen cambios nos prezos do gando no Mercado de Amio

Sen cambios nos prezos do gando no Mercado de Amio

Animais no recinto feiral de Amio. // Foto de arquivo.

A sesión deste mércores no Mercado de gando de Amio (Santiago) transcorreu sen cambios nas cotizacións con respecto da semana pasada. A Mesa de prezos da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega, que marca prezos de referencia, acordou manter as cotizacións para tódalas categorías e calidades deste selo.

Tampouco houbo modificacións nos prezos do gando de recría e abasto, segundo a sondaxe realizada entre os usuarios do mercado.

En canto á asistencia de gando, contabilizáronse 1.615 reses, o que supón 123 animais menos que a semana pasada. Houbo 1.338 cabezas de vacún menor (198 menos que na sesión anterior), 119 de vacún mediano (3 máis) e 158 exemplares de vacún grande (72 reses máis).

Máis información
– Táboa de cotizacións de Amio (12-I-2022).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información