Sen cambios nos prezos de Ternera Gallega

Sen cambios nos prezos de Ternera Gallega

A mesa de prezos de Ternera Gallega acordou manter sen cambios as cotizacións para todas as categorías e calidades de gando.

No Mercado de gando de Amio, que se celebrou esta mañá, tampouco houbo modificacións dos prezos con respecto da semana pasada nas distintas categorías e razas, tal e como se extrae da sondaxe realizada pola organización entre os asistentes á feira.

En canto á asistencia houbo 1.377 reses, o que supón 266 menos que a sesión da semana pasada. En concreto contabilizáronse 1.205 cabezas de vacún menor, 147 menos que na sesión anterior. Houbo 75 de vacún mediano (50 menos) e 97 de vacún grande (69 menos que a semana pasada).

Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (4-IV- 2023).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información