Sen cambios nas cotizacións en Amio

Sen cambios nas cotizacións en Amio

O Mercado de Gando de Amio (Santiago) mantense esta semana sen cambios nas cotizacións en tódalas categorías. A Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida de Ternera Gallega acordou continuar cos mesmos prezos que na sesión anterior. Porén, os vogais coinciden en apreciar un forte incremento na oferta da calidade de Ternera, á vez que detectaron certa baixada na de calidade Suprema.

No caso do gando de abasto, tampouco houbo cambios e continúan os mesmo prezos tanto na recría como no vacún maior ou no de sacrificar. Os vogais da Mesa de Prezos apreciaron unha tendencia á baixa nos prezos do vacún menor da raza Frisoa.

En canto á afluencia, o mercado contabilizou este mércores 1.793 animais, 117 menos que a semana pasada. Houbo 1.437 cabezas de vacún maior, 89 menos que na sesión anterior. Rexistráronse 183 exemplares de vacún mediano, 21 máis que o pasado mércores; e 173 de vacún grande, 49 reses menos.

Máis información

– Táboa de cotizacións de Amio (8-VII-2020).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información