Santiago acollerá un seminario sobre “a especialización leiteira en Europa”

Santiago acollerá un seminario sobre “a especialización leiteira en Europa”

A especialización leiteira en Europa supuxo en España una maior intensificación

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 15 de decembro un seminario baixo o título “Da innovación campesiña a un modelo de especialización leiteira baixo a Revolución Verde: Europa no século XX”.

O seminario está organizado por Lourenzo Fernández Prieto e Daniel Lanero, do Grupo de Investigación Histagra da Universidade de Santiago de Compostela.

Dende o grupo Histagra lembran que a partir de 1950 “a especialización leiteira das ganderías atlánticas de Europa non se pode entender sen os cambios de escala nas explotacións que esixe a actividade gandeira no marco da Revolución Verde: concentración de explotacións cunha base superficial cada vez máis grande e un elevado número de cabezas estabuladas. Tampouco sen unha crecente dependencia da motorización (tractores, rotativas, etc.); pensos compostos; tanques de refrixeración; novas instalacións (establos e salas de muxido), antibióticos contra as epizootias, etc”.

“Científicos e técnicos, axentes básicos das políticas de desenvolvemento e modernización, van oscilar no seu rol entre a mediación e a imposición ao gandeiro”, engaden.

Neste sentido, dende Histagra lembran que os/as investigadores/as interesados/as en presentar un texto a este Seminario deberán enviar un título e un abstract a HISTAGRA (histagra@usc.es) antes do 30 de xuño de 2017.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información