Resultados do concurso “Meles 5 estrelas”: Os mellores meles do país do 2022

Resultados do concurso “Meles 5 estrelas”: Os mellores meles do país do 2022

Por cuarto ano a Asociación Galega de Apicultura-AGA convocou o Concurso Meles Cinco Estrelas. O comité de cata estivo presidido por Noela Torres, técnica de AGA e restauradora, que dirixiu o panel de cata composto por Begoña Balado Conde, concelleira de Turismo de Arzúa; José Luis González Portabález, apicultor e fabricante da cervexa con mel Esmorga (988); Peter Brea Rodríguez, socio de AGA, forestal e poeta; e Jose Luís Meixide Vilariño, biólogo e socio fundador da asociación, con longa traxectoria no mundo apícola e do mel.

O xurado catou 65 mostras selecionadas, das que 14 eran de mel multifloral e 51 monoflorais, repartidas entre 10 de mel de bosque, 13 de castiñeiro, 7 de eucalipto, 18 de queiroga e 3 de silva, unha variada e completa representación de meles de toda Galicia.

As gañadoras e os gañadores, todos socios de AGA, divídense nun primeiro, segundo e terceiro premio. No caso da silva, só se adxudicou o primeiro premio.

As persoas premiadas foron as seguintes:

MULTIFLORAL:

-”MEL A CASOA”, de María Isabel López Pérez (Lugo)
-”MEL SANTIRSO”, de Ricardo Bouzas Ferreiro (Zas- A Coruña)
-”MEL A IALMA”, de José Antonio Pazos González (Laza- Ourense)

EUCALIPTO:

-José Benito Míguez Montouto (Lugo)
-”O PODER DAS FLORES”, de Javier Carreiras Cuadrado (Alfoz- Lugo)
-Ana María Castro Aneiros (Ferrol- A Coruña)

BOSQUE:

-“ECOMEL”, de Amable Pérez Diz (Muíños- Ourense)
-“VALDABELLA”,de Cristalina Rodríguez Rodríguez (Verín- Ourense)
-“MEL BONILLA”, de Bonifacio Luís Diz (Verín- Ourense)

CASTIÑEIRO:

-”CASA SEVERA”, de Miguel Rodríguez Pérez (A Proba do Brollón- Lugo)

-Carmen Álvarez Álvarez (Folgoso do Courel- Lugo)

-”A PAREDIÑA”, de Pedro Vázquez Álvarez (Folgoso do Courel- Lugo)

QUEIROGA:

-”MEL DO SOR”, de Ángeles Morán García e Rubén Amigo Bellas (Narón-
A Coruña)

-”O PODER DAS FLORES”, de Javier Carreiras Cuadrado ( Alfoz- Lugo)

-”MEL VITUCO”,de Javier Vázquez Picos (Muras- Lugo)

SILVA:

-“LAGO DAS ENCROBAS”,de Santiago Botana Tasende (Cerceda- A Coruña)

O concurso valoriza os meles do país e axuda a visibilizalos e posicionalos na comercialización. Os meles premiados co primeiro premio levarán un selo identificativo e estarán dispoñibles na tenda física de AGA en Arzúa, así como na súa nova tenda online, que se estreará en xaneiro de 2023. O resto de gañadores recibirán un diploma acreditativo que poderán usar como promoción e publicidade. O produto terá un prezo mínimo de 12 € o envase de 1
kg e 7 € o de ½ kg. Todos os meles promocionaranse en todos os eventos e actos realizados pola asociación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información