A progresiva expansión do oso polas montañas orientais de Lugo está a deixar periódicos danos no agro, principalmente pola incursión do oso nos colmeares. Esta situación está a obrigar ós apicultores a establecer medidas de prevención, como o emprego de peches eléctricos ou a recuperación de alvarizas tradicionais para protexer as colmeas.
Este ano, Medio Ambiente concedeu apoios a sete produtores afectados, cun total de 12 expedientes de axuda aprobados. O de maior contía corresponde a Mel O de Sempre, cun importe superior a 5.000 euros para compensar as perdas sufridas.
Esta é a relación de beneficiarios: