Récord de 3.750 euros por unha xovenca na poxa de Acruga en Pedrafita

ACRUGA RUBIA GALEGA 18-09-22 subasta Pedrafita1Este domingo celebrouse en Pedrafita do Cebreiro a poxa de 5 xovencas preñadas de raza Rubia Galega organizada pola Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega (ACRUGA).

O prezo máximo foi de 3.750 euros que se pagou por un exemplar, 1.750 por riba do arranque da poxa, e un prezo medio para esta poxa de 3.020 euros. Tres dos cinco animais foron adxudicados en máis de 3.000 euros e houbo 32 tarxetas de posibles compradores de toda a provincia.

Co prezo de saída en 2.000 euros arrincou a poxa dos cinco exemplares, dos cales dous vendéronse en 2.550 euros; mentres que outros tres superaron os 3.000 euros, chegándose a pagar 3.050, 3.200 e 3.750 euros por animal, unha das cotizacións máis altas que se lembran, despois da poxa nacional de Adai, que se celebra no Corgo.

As xovencas, de entre 24 a 28 meses de idade e preñadas de 7 e 8 meses, foron parar a explotacións de Ribadeo, Baralla, Pedrafita do Cebreiro e Vilalba. A que conseguiu o récord foi a parar a Friol, á explotación Penín Puente S.C, unha das ganderías que máis premios está a lograr nos últimos anos.

ACRUGA RUBIA GALEGA 18-09-22 subasta Pedrafita2 ACRUGA RUBIA GALEGA 18-09-22 subasta Pedrafita3 poxa pedrafita 22 rubia galega acruga 1 ACRUGA RUBIA GALEGA 18-09-22 subasta Pedrafita

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información