A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

“Recomendamos sementar o millo canto antes para escapar aos golpes de calor e posible falta de auga no verán”

Entrevista a Juan Pablo Gnata, técnico da cooperativa DELAGRO

“Recomendamos sementar o millo canto antes para escapar aos golpes de calor e posible falta de auga no verán”

Juan Pablo Gnata é asesor técnico da cooperativa de segundo grao Delagro, que comercializa en exclusiva para Galicia, Asturias e Cantabria variedades das marcas Limagrain e Mas Seeds, dous referentes internacionais en progreso xenético en sementes de millo, tanto para ensilar como forraxe, como para grao húmido. Falamos co sobre como se presenta a campaña 2023.

Que traballos están a realizarse neste momento?
A campaña de ensilado de herba avanza en toda a comunidade condicionada polas precipitacións dos últimos días e comeza a sementeira de millo nas zonas máis madrugadoras, naquelas leiras en rotación con herba, nas que non se espera por un segundo corte.

A estratexia que recomendamos é tentar sementar o millo canto antes para escapar aos golpes de calor e posible falta de auga nos meses de verán.

Cales son as variedades de millo que estades recomendado para esta campaña?
O cultivo de millo é fundamental para conseguir a autosuficiencia alimentaria das gandarías e, por tanto, para conseguir a súa maior rendibilidade. Por iso a recomendación que realizamos busca achegar seguridade no seu stock forraxeiro.

Cando falamos de seguridade, referímonos a 2 aspectos en concreto: a cantidade de forraxe producida que debe ser estable independentemente das condicións climatolóxicas do ano e á súa calidade. Neste sentido, un dos criterios de referencia que seguimos á hora de recomendar unha variedade é a Produción de Materia Orgánica Dixestible (MOD).

O portfolio de millo ensilado GREEN+ de MAS Seeds é o resultado da súa estratexia na selección de híbridos para ensilado que busca respostas ás necesidades dos gandeiros. Para as primeiras sementeiras desta campaña, recomendamos 2 variedades de MAS Seeds: MAS 54.H e MAS 400.D. Ambas xeraron gran satisfacción tanto en anos bos como nos non tan bos.

Cales son os beneficios que achegan estas variedades?

 Mas 54.H-silo

Mas 54.H-silo

MAS 54.H é un FAO 500 de gran potencial produtivo que achega moita enerxía e flexibilidade a colleita polo seu gran verdor até o final do ciclo.

MAS 400.D é o FAO 350-400 que estamos a introducir polo seu potencial e estabilidade produtiva nos diferentes ambientes, ademais de pola súa boa dixestibilidade de fibras, visibles en publicacións do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM).

Gandeiros de toda a comunidade considéranas xa variedades imprescindibles nas súas explotacións.

As primeiras sementeiras xa se iniciaron. Que consellos debemos lembrar para conseguir a mellor implantación do cultivo de millo?
Antes de sementar, elixir a variedade mellor se adaptada ás súas necesidades, preparar un bo leito de sementeira e privilexiar as sementeiras temperás. Elixir semente tratada con Agrostart®, tratamento innovador de bio-estimulantes para optimizar a implantación e o funcionamento das raíces.

Durante a sementeira, é importante asegurarse de que as sementes estean a 3-4 cm de profundidade e á distancia adecuada para garantir un crecemento uniforme. Para iso, é importante non superar o 6 km/ha durante a sementeira.

Despois da sementeira, débese monitorear o crecemento do millo ensilado para detectar calquera problema de forma temperá. Isto pode incluír a identificación e o control de enfermidades e pragas, o control de adventicias, axuste da aplicación de fertilizantes, etc.

Dispondes de ferramentas que axuden ao agricultor á toma de decisións ao longo do cultivo?
Dispomos da ferramenta AGROTEMPO desenvolvida por MAS Seeds que nos permite por exemplo realizar simulacións para saber se unha variedade concreta sementada nun momento concreto responde o noso obxectivo de data de colleita.

Tamén nos ofrece un calendario de desenvolvemento do cultivo de forma que poderemos intervir no momento correcto sexa para a aplicación do herbicida ou para a realización das colleitas no momento ideal entre o 32-35% MS.

De cara ao futuro, cal é a vosa estratexia para afrontar os novos retos expostos polo cambio climático para a produción de millo na Cornixa Cantábrica e en Galicia?
Cada ano vemos como os períodos de seca son cada vez máis frecuentes e severos, e a realidade é, que esta situación non se vai reverter no curto-medio prazo. A mellora e a selección xenética é a vía para conseguir híbridos máis resilientes que garantan unha maior autosuficiencia nas explotacións agropecuarias e con iso a súa rendibilidade sustentable no tempo.

MAS Seeds tomou a decisión de mover parte da súa rede de ensaios a zonas máis difíciles para analizar o comportamento dos seus produtos en situacións de tensións e con iso, seleccionar os produtos máis adaptados fronte ao cambio climático.

Neste sentido, desenvolvemos xunto a MAS Seeds unha rede de ensaios locais, distribuídos en zonas de altitude, costa e interior para estudar parámetros como o verdor até colleita, a sanidade, a rusticidade, a dixestibilidade e por suposto a produción.

Grazas a todo iso, conseguimos ofrecer solucións para mellorar a rendibilidade das gandarías.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *