Programa RR_dTerritorio da Fundación Roberto Rivas para promover o emprendemento rural

Programa RR_dTerritorio da Fundación Roberto Rivas para promover o emprendemento rural

Este xoves foi presentado en Santiago de Compostela o programa RR_dTerritorio, unha iniciativa de formación e incubación de emprendedores para promover o emprendemento social innovador nos territorios de Galicia, en concreto en sete comarcas de actuación: Deza-Tabeirós, Melide, Chantada, O Carballiño, A Ulloa, Arzúa e Santiago.

A directora da Fundación Roberto Rivas, Olga Rivas, presentou esta iniciativa, impulsada desde a entidade que dirixe, nun acto que contou coa participación do subdirector da área de Servizos de Axencia Galega de Innovación GAIN, Pedro Arenas.

Con este programa a Fundación Roberto Rivas pretende dar un paso máis no seu compromiso cos territorios de Galicia, activando unha iniciativa que pretende xerar riqueza e desenvolvemento a través de proxectos pensados para os territorios nos que se asintan e liderados por emprendedores que lideran a transformación deses espazos.

O obxectivo principal do programa RR_dTerritorio é detectar o talento local e impulsar proxectos de emprendemento capaces de dar resposta ás necesidades de desenvolvemento dos territorios do interior de Galicia, o que se fará a través do propio programa, que inclúe unha convocatoria para emprendedores e a posterior incubación dos seus proxectos, coa finalidade de que poidan converterse en realidade.

Fases do programa

O programa RR_dTerritorio desenvólvese en varias fases. Inicialmente realizouse unha exhaustiva análise do territorio e celebrouse un taller inicial de formación ao público interesado, agora ponse en marcha a convocatoria oficial para recibir proxectos de emprendedores que desexen participar nesta iniciativa. Trátase dun dos fitos máis importantes do programa, xa que supón a apertura oficial do proceso de recepción de candidaturas. As persoas interesadas poden presentar o seu proxecto ou idea a través do formulario web activo na web rrdterritorio.com. O prazo de presentación de candidaturas será do 1 de outubro ao 1 de decembro.

Un comité de avaliación valorará as ideas recibidas e seleccionaranse aos candidatos que participarán no programa de incubación. O proceso de selección abarcará do 1 ao 18 de decembro.

Formación e incubación 100% experiencial

Os emprendedores seleccionados participarán nun programa de formación e incubación 100% experiencial, que se caracteriza por estar conectado ao territorio e á súa realidade. A formación teórica combinarase con dinámicas prácticas, obradoiros e actividades de contacto co territorio a través da colaboración que se establecerá coas empresas, axentes sociais e asociacións das comarcas. Este programa de incubación presencial terá unha duración de tres meses, desde o 11 de xaneiro ao 9 de abril de 2021, e desenvolverase nas instalacións do viveiro de empresas de Silleda, no polígono Área 33.

Durante este proceso acompañarase aos emprendedores no proceso de xestación das súas ideas e proxectos; facilitarase o acceso á formación e tecnoloxía; transferirase experiencia e coñecemento; e facilitarase acceso a financiamento público e privado.

O equipo do programa está formado por mentores senior que impartirán os contidos principais do itinerario formativo, no que tamén participarán expertos sectoriais e profesionais de distintas áreas do coñecemento a través de encontros e charlas.

A última fase do programa está prevista para o mes de xuño do próximo ano, cun acto de clausura que se realizará en Silleda e durante o cal se entregarán os premios que recoñecerán ao cinco proxectos máis destacados do programa.

Programa innovador

O emprendemento social innovador é unha das claves para o crecemento sustentable e sostido dos territorios, liderado polas persoas e baseado en ofrecer solucións e alternativas diferentes á industria establecida, a través da innovación e o uso de novas tecnoloxías. Promover este tipo de emprendemento é impulsar un desenvolvemento de futuro, adaptado ás necesidades de cada territorio e preparado para transformalo desde o punto de vista económico e social.

O programa RR_dTerritorio é innovador por:

-A súa metodoloxía 100% experiencial, baseada no coñecemento do mundo do emprendedor e a aplicación práctica de cada experiencia.
-A súa axenda de contidos transversal, que combina formación teórica con dinámicas prácticas, talleres, visitas guiadas e actividades colectivas.
-O liderado a cargo dun equipo de multidisciplinar de formadores e mentores con experiencia en emprendemento.
-A colaboración cos axentes locais de cada comarca, como son os concellos, viveiros de empresas, cooperativas, asociacións, empresas, industrias ou grupos de desenvolvemento rural, que participarán activamente na iniciativa e relacionaranse cos emprendedores e os seus proxectos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información