Data inicio: 09/02/2019
Data fin: 09/02/2019
Lugar: Arzúa, España
O vindeiro 9 de febreiro, sábado, celébrase en Arzúa o Día do Apicultor 2019, organizado pola Asociación Galega de Apicultura baixo o lema “Salvar as abellas, salvar a apicultura”.
Palestras De 10 a 14 h e de 16 a 18 h na Polbeira de Santa María
Alimentación das colmeas, ás 10 h
–Alimentar as abellas… Depende, por Antonio Gómez Pajuelo, consultor apícola.
–Só en caso de fame, por Suso Asorey, biólogo e voceiro de AGA.
Investigación e loita contra a Vespa velutina, ás 11.15 h
–Falcón abelleiro europeo, primeira defensa natural contra a invasión da Vespa velutina, por Manuel Fernández, Universidade de Alcalá de Henares.
–Sistema de localización de tartagueiros de Vespa velutina, por Sandra Rojas, Universidade de Vigo.
-Plataformas Stop Velutina e experiencias en Galicia e Asturias, por Diego Sánchez Agra (SLG), Felix Méjica (ADAPAS), Casimiro Sixto (ADAPAS) e José Mª Bello (DAGA do Morrazo).
Asemblea Xeral de AGA, ás 13 h
Plan Apícola e formación 2019, ás 16 h. Por Gonzalo Calvo —veterinario— e Paula Souto —técnica de AGA—
Análises e características dos meles de Galicia, ás 16.30 h. Por Antonio Gómez Pajuelo.
Novidades nos tratamentos contra a varroa, ás 17.15 h.
-Rotación de tratamentos contra a varroa, por Francisco Alonso, Ecuphar.
-Oxybee, nova alternativa no tratamento contra a varroa, por Miguel Ángel Rodríguez, Santamix Ibérica.
Feira de material apícola De 10 a 14 e de 16 a 18 h na nave de Erica Mel
Material apícola e cambio cera, coa participación de Erica Mel, Macmel (Portugal), Apitienda Lyson (Guadalajara), Anel (Grecia), Apícola Carballal, Ángel Romero e Celso Cadahía.
Exposición «Sanidade apícola: Vespa velutina, varroa e outras novidades» De 10 a 14 e de 16 a 18 h no local da Asociación Veciños de Santa María
- Exposición: Sanve (Eugenio Pichel), Vel-Zapper (Dieter Boisits), Benigno Fernández, Fernando Cores, Apiyago, Pastores Zagal, Rucamanqui-Santamix Ibérica, Hayedo-Laboratorios Calier, Ecuphar e Antonio López (Asturias).
- Consultorios: Sanidade apícola por veterinarios de AGA e Vespa velutina por DAGA Ferrol.
- Obradoiro: Alimentación das colmeas, por Antonio Gómez Pajuelo, ás 12.30 h.
Exposición «O mundo do queixo e do mel» De 10 a 14 h e de 16 a 18 h no Centro do Queixo e do Mel
- Exposición: Erica Mel, Produtos apícolas Apiagro (Portugal), Queixos Arzúa-Ulloa, Queixos San Simón e outros
- Degustacións de produtos apícolas, meles e queixos
- Actividades para crianzas
Xantar abelleiro Na Polbeira de Santa María. Non é necesaria reserva previa. Para máis información: tel. 986 58 77 21
COMPRA CERA E ALIMENTO PLAN APICOLA 2019
O Día do Apicultor poderase mercar cera e alimento do Plan Apícola 2019. Para que poida entrar na subvención será obrigatorio mercalo en Erica Mel, tanto a cera coma o alimento, e indicar no momento da compra que é para incluír no Plan Apícola. No caso do cambio de cera, a cera vella poderase entregar a Apícola Carballal ou Ángel Romero, pero a cera laminada terá que mercarse igualmente en Erica Mel.
CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL AGA
O 9 de febreiro de 2019, na Polbeira de Santa María (Arzúa), ás 13 horas en primeira convocatoria e ás 13.30 h en segunda convocatoria.
Orde do día:
1. Lectura e aprobación da acta anterior, de proceder
2. Relatorio de actividades realizadas e economía de AGA do ano 2018
3. Presentación do programa de actividades e orzamento de AGA para o ano 2019
4. Rogos e preguntas