Carne

Prezo medio de 2330 euros na poxa de Rubia Galega en Seane do Courel

Loading ad.
Ad could not be loaded.
04/05/2024 6:08 p.m.

A Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega, Acruga, celebrou esta mañá a poxa de tres xovencas preñadas na localidade de Seoane do Courel, dentro dos actos da cuarta edición da feira de gando.

O primeiro dos exemplares adxudicouse en 2.400 euros, mentres que as outras dúas xovencas vendéronse en 2.300 euros. Estes animais irán parar a explotacións de Sarria, Cervantes e Pedrafita do Cebreiro.

As seguintes poxas nas que está a traballar esta asociación levarán máis touras a Cervantes, o próximo 11 de maio, e en Sarria, o día 12 do mesmo mes.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada