O vindeiro sábado, 4 de novembro, celebrarase en Adai, no concello lugués do Corgo a Poxa Nacional de Raza Rubia Galega, na que sairán a venda xovencas e machos procedentes do Centro de Recría da Granxa Gayoso Castro.
A poxa, que se celebrará a partir das 12:00 horas, está organizada por ACRUGA, a Deputación de Lugo e o Concello do Corgo.
Caixa Rural Galega concederá unha axuda á compra de 200 euros no caso das femias e de 300 pola compra de cada macho.