Carne

Poxa de seis xovencas de Acruga en Pedrafita

As reses parten cun prezo de saída de 1.800 euros, con axudas de 200 euros por animal

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 04/04/2018 2:55 p.m.

A Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega, Acruga, celebra mañá xoves en Pedrafita do Cebreiro (Lugo) unha nova edición da poxa de xovencas preñadas, que comezará ás 12.30 horas da mañá. Acruga levará seis exemplares, todos eles de idades comprendidas entre os 19 e os 24 meses e cunha preñez de entre catro e seis meses.

Como xa é habitual nas poxas de Acruga, os animais proceden da granxa Gayoso Castro, en Castro de Ribeiras de Lea, onde en colaboración coa Deputación de Lugo, a asociación traballa no centro de recría para mellorar a xenética da raza, conformando un rabaño de elite con boas características morfolóxicas, reprodutoras e xenéticas.

Os prezos de saída para estas seis xovencas preñadas fixáronse en 1.800 euros, cunha axuda á compra de 200 euros, grazas ao apoio da entidade Caixa Rural Galega. A retirada de cartóns poderase facer desde as 11.30 horas, no mesmo recinto feiral.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada