Plan de Formación 2022 do Ministerio de Agricultura para técnicos e produtores

Plan de Formación 2022 do Ministerio de Agricultura para técnicos e produtores

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) publicou na súa páxina web “Plan de Formación 2022 para técnicos del Medio Rural”, co obxectivo fundamental de impulsar a formación agroalimentaria como unha ferramenta fundamental para a modernización do medio rural. A través de 51 accións formativas, este plan incidirá na remuda xeracional, a visibilidade do papel das mulleres, as novas tecnoloxías, a innovación e investimento, o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, o asesoramento, a sustentabilidade e a conservación de recursos.

Os cursos -presenciais ou en formato dixital- están dirixidos a técnicos que traballan en distintos ámbitos do medio rural, agricultores e gandeiros, así como persoal das diferentes administracións, redes e grupos de acción local, organizacións profesionais agrarias, cooperativas e asociacións do medio rural, axentes de emprego e desenvolvemento local e titulados universitarios que traballan no sistema de asesoramento para os posibles beneficiarios das axudas da Política Agraria Común (PAC) sobre a xestión de terras e explotacións.

En particular, o plan de formación deste ano ten como prioridades básicas a xeración e transferencia de coñecementos, a innovación e investimento, o Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia, a rendibilidade e sustentabilidade das explotacións, a especialización en deseño e xestión de regadíos, e o apoio a mozos, mulleres e novos emprendedores, así como a sanidade e o benestar animal, a implantación de novas tecnoloxías, e o Plan Estratéxico da PAC 2023-2027, entre outras.

Gran oferta formativa online

A principal novidade do Plan 2022 é a incorporación da modalidade de cursos en liña masivos para dúas deles: asesoramento en agricultura ecolóxica e asesoramento en explotacións agrícolas e gandeiras, ademais da modalidade de formación virtual que se veu ofrecendo nas últimas edicións.

A incorporación da modalidade virtual permite facilitar a aprendizaxe e, ao mesmo tempo, incrementar o número de alumnos, o que permite maximizar o impacto do plan. En concreto, esta nova modalidade favoreceu que case se triplicase o número de alumnos (media) do plan en 2021.

Os cursos e xornadas do plan 2022 impartidos en formato virtual disporán dunha plataforma web de formación específica, mentres que os presenciais impartiranse en instalacións do ministerio, estando previsto que algúns cursos combinen ambas as modalidades de asistencia.

Co impulso dos cursos de formación, o ministerio busca fomentar o equilibrio social e económico entre as cidades e o medio rural, que en España representa ao redor do 84 % do territorio, pero que só alberga a un 16 % da poboación. Así mesmo, desenvólvense materias de interese para novos agricultores e gandeiros, en especial as cuestións relacionadas coa innovación e a dixitalización, á vez que contribúen a mellorar a visibilidade e posta en valor do papel das mulleres no medio rural.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información