Os viños galegos logran 16 galardóns Gran Ouro no concurso VINESPAÑA 2024

Publicidade

Os viños galegos alzáronse con 16 Gran Ouro, a máxima distinción, no Concurso Nacional de Vinos VinEspaña 2024, celebrado do 29 de febreiro ao 2 de marzo en Jumilla, Murcia. Na categoría de Viños Brancos Tranquilos é onde Galicia foi a comunidade máis premiada, con 13 distincións, mentres que en tintos dous viños da DO. Ribeira Sacra lograron senllos Gran Ouro e na mesma DO., un tinto, Corga anada 2019, logrou tamén o máximo galardón na categoría de viños ecolóxicos.

Este é a listaxe de viños galardoados:

VINESPAÑA 2024 VINESPAÑA 2024 2 VINESPAÑA 2024 3

VinEspaña

Este concurso de viños está integrado dentro dos Concursos Nacionais e internacionais que patrocina a Unión Internacional de Enólogos (UIOE).

A Federación Española de Enoloxía busca a produción de viños de gran calidade, favorecer o seu coñecemento entre os consumidores, destacando os viños premiados e a riqueza vinícola do país. Así como contribuír á expansión da cultura do viño e ao progreso do sector, fomentando o coñecemento vinícola. Ao mesmo tempo que se reforza o prestixio e a confianza nos concursos desta categoría.

Consulta aquí o medalleiro completo de VINESPAÑA 2024

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información