Os viños, augardentes e licores tradicionais de Galicia promociónanse de forma conxunta en París

Publicidade

paris Stand de Acruaga en Vinexpo en 2022Ata 150 referencias de viños, augardentes e licores certificados polas cinco denominacións de orixe vitivinícolas e a de augardentes e licores tradicionais de Galicia poderanse degustar dende este luns e ata o vindeiro mércores, no salón Vinexpo de París.

Trátase dun dos foros sectoriais máis relevantes do mundo, no que os consellos reguladores galegos participan cun espazo expositor conxunto dentro dunha acción impulsada pola Xunta, a través do IGAPE, e a Asociación de Consellos Reguladores do Viño de Galicia e a II.GG Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia (ACRUAGA). O stand disporá de varios espazos para que cada consello poida exhibir, de modo individualizado, os seus produtos.

Tras a experiencia de 2022, na que os nosos consellos acudiron por vez primeira todos xuntos ao foro da capital francesa, estes volven participar aliñados neste foro para promocionar unha mostra representativa dos seus produtos, amparados baixo cada un dos seus selos de calidade.

En relación a esta acción promocional, o novo presidente da asociación, Antonio Lombardía, máximo responsable do Consello Regulador da Ribeira Sacra puxo en valor a relevancia do foro parisino “de cara a visibilizar e dar a coñocer a magnífica calidade dos viños e augardentes galegos elaborados con variedades autóctonas, que contribúen a crear Marca Galicia e, ao tempo, posúen singularidades específicas que os fan únicos e diferentes entre si”.

Sobre ACRUAGA

ACRUAGA, entidade que organiza a acción, naceu en 2021 para dar cobertura a un convenio de colaboración asinado co IGAPE co obxectivo de promocionar a nivel internacional os viños e destilados amparados baixo selos de calidade diferenciados de Galicia.

A entidade, que impulsa accións de difusión dos produtos amparados, pero tamén formativas, está conformada por seis organismos: os consellos reguladores de Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras -no caso dos viños- e Augardentes e Licores Tradicionais. de Galicia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información