Recomendan aplicar tratamento ante as primeiras manchas de mildio detectadas nas viñas

A Estación Fitopatolóxica Areeiro advirte da necesidade de aplicar un tratamento o antes posible nos predios que non o recibiran antes ou naqueles que estean xa fóra do período de protección teórico da intervención anterior

Publicidade

Manchas parcela Modia e acio afectado detrasA Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, recomenda aplicar tratamento antes as primeiras manchas de mildio detectadas nas viñas. Na viña de Areeiro apareceu xa a primeira mancha, nun bordo da folla, pero tamén se teñen atopado no Salnés debido, principalmente, ás condicións favorables ao avance do patóxeno rexistradas entre a primeira semana de abril e mediados de mes.

Deste xeito, o centro dependente da institución provincial aconsella aplicar un tratamento o antes posible nos predios que non o recibiran antes ou naqueles que estean xa fóra do período de protección teórico da intervención anterior. Tamén recomenda que sexa un tratamento cun funxicida sistémico, pois é suficiente cunha hora sen choiva trala aplicación para que penetre na planta e, ademais, protexa os novos crecementos.

Areeiro recorda que tanto a lexislación como as boas prácticas agrícolas indican que non se deben aplicar tratamentos se o vento é superior a 3 m/s. Ademais asegura que deben empregarse boquillas antideriva e a baixas velocidades do ventilador ou realizar a intervención con pistola e preto dos brotes, para evitar a dispersión do produto fóra da área a tratar.

Primeira mancha Areeiro 2024

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información