Un grupo de persoas das comarcas de A Mahia, Barcala e Xallas organizan unha homenaxe a Amador Rodríguez Troncoso, que pretende ser un acto de recoñecemento polo seu traballo dende as “Axencias de Extensión Agraria”.
Amador Rodríguez Troncoso foi un dos impulsores do proxecto de FEIRACO e unha persoa comprometida co progreso no sector agrario e cos labregos e labregas.
A homenaxe terá lugar o próximo sábado, 13 de xuño, ás 20:30 horas no Hotel Millán, en Negreira (A Coruña).
As persoas interesadas en asistir á cea homenaxe poden retirar as tarxetas de asistencia no Hotel Mllán, na Cervexería Galaecia e no bar da Casa da Cultura de Negreira. Tamén o poden facer no teléfono 686 948 268.