Forestal

Obradoiro sobre gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais

Campo Galego 09/11/2021 1:03 p.m.

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) organiza un taller gratuíto sobre 'Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais'. A formación ten especial interese para persoas vinculadas a estas entidades, pois ofrece a oportunidade de consultar dúbidas con especialistas e tratarán modos de extraer maior rendemento a estas superficies e mellorar a súa xestión.

O taller levará a cabo do 29 de novembro ao 3 de decembro en horario de tarde, de 16:00 a 19:00 horas, no Castelo de Castro Caldelas (Ourense). A formación estrutúrase en cinco xornadas temáticas: Iniciativas innovadoras na valorización dos montes veciñais no medio rural, Gobernanza e organización cooperativa das Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, Fiscalidade, Titularidade e defensa da integridade dos montes veciñais e Instrumentos de ordenación ou xestión forestal.

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2021 da Rede Eusumo, unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamiento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

As persoas interesadas en asistir ao taller en Castro Caldelas poden inscribirse neste formulario.

-Consulta aquí o programa completo do curso.

Etiquetado
Ir a la portada