O Sindicato Labrego cuestiona os proxectos eólicos nas serras orientais de Galicia

O Sindicato Labrego cuestiona os proxectos eólicos nas serras orientais de Galicia

Parque eólico. / Arquivo.

Os arredor de 130 proxectos eólicos que se cernen sobre os montes galegos suscitan un rexeitamento parcial do Sindicato Labrego, que considera preciso frear aquelas instalacións que poden xerar un maior impacto en espazos naturais. A organización agraria cuestiona en especial os proxectos que hai no entorno dos Ancares (parque Pena do Furco, en Becerreá, entre outros) e na comarca de Valdeorras (parque eólico Barjas).

O Sindicato Labrego apelou ó Ministerio de Transición Ecolóxica para que se pronuncie sobre estas centrais eólicas, así como sobre outras que considera que terían incidencia en espazos naturais, caso do Parque eólico Hépotas II (Muras), na Serra do Xistral, ou do parque eólico Pena Ombra (Guitiriz, Curtis e Sobrado dos Monxes).

A maiores do impacto sobre o medio, a organización agraria considera tamén que parte dos parques terán un impacto sobre núcleos de poboación próximos, como o Parque de Vilachá (Muras, Ourol), segundo explica o SLG.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información