Leite

O Nadal de Mazaricos pecha cunha Gran Tractorada de Reis

Terá lugar nas rúas da Picota o vindeiro venres 5 ás 17.00h e contará con agasallos para os máis novos, así como cunha chocolatada para todas as persoas asistentes

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 03/01/2024 5:42 p.m.

A programación de Nadal do Concello de Mazaricos rematará cunha Gran Tractorada. Os Reis Magos visitarán un ano máis Mazaricos para pórlle o broche a estas festas cunha tarde de ilusión e ocio infantil polas rúas da Picota. Melchor, Gaspar e Baltasar presidirán a Gran Tractorada de Reis que partirá do recinto feiral ás 17h do vindeiro venres 5. 

Utilizarán, un ano máis, tractores nesta particular cabalgata como un modo de homenaxear e reivindicar o carácter rural de Mazaricos, igual que se procura facer con outros eventos como a Carreira do Leite e o Brinde Leiteiro.

Ao remate, o recinto feiral acollerá unha recepción real con reparto de agasallos a cargo dos Reis Magos e axudantes, ademáis dunha chocolatada. Para máis información pódese contactar co 606 825 166 (Comunicación do Concello de Mazaricos).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada