O Mercado de Amio retoma a actividade tras dúas semanas sen poxas polo paro dos transportes

O Mercado de Amio retoma a actividade tras dúas semanas sen poxas polo paro dos transportes

Nave de recría do Mercado de gando de Amio a primeira hora deste mércores, tras retomarse a actividade.

Tras dúas semanas de interrupción debido ó paro dos transportes iniciado o pasado 14 de marzo, este mércores o Mercado de Amio retomou a actividade cunha notable afluencia de gando. Nesta sesión contabilizáronse un total de 2.651 reses, 767 máis que na última sesión, celebrada o 9 de marzo. Houbo 2.345 cabezas de vacún menor (876 máis), 71 de vacún mediano (95 menos) e 235 de vacún grande (14 reses menos).

En canto ás cotizacións, os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Protexida Ternera Gallega suspenderon onte a súa reunión habitual dos martes para fixar os prezos, debido a que o parón destas dúas semanas provocou conxestións e atrasos nos matadoiros e na distribución. Os vogais agardan retomar as reunións semanais o próximo martes, día 5 de abril.

En canto ós prezos do gando que acudiu esta mañá a Amio, tómanse como referencia as cotizacións do pasado 9 de marzo, a última sesión antes do paro da actividade, xa que como explican dende a organización do mercado, a gran afluencia de gando non permite apreciar cambios cun mínimo de certeza.

Máis información
– Táboa de cotizacións de Amio (30-III-2022).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información