O mel monofloral de José Antonio Permuy elixido gañador da IV Cata do Mel de Montaña de Muras

O mel monofloral de José Antonio Permuy elixido gañador da IV Cata do Mel de Montaña de Muras

Presentación da Feira do Mel de Muras do ano pasado

O mel monofloral do apicultor José Antonio Permuy foi elixido o mellor na IV Cata do Mel de Montaña de Muras, celebrada o pasado sábado 14 de novembro en O Viveiró, e concebida como un escaparate para fomentar a calidade do mel dos apicultores murenses.

Os seis catadores que asistiron -Antonio Díaz, José Luis Cuba, Julio Trigo, Cristina Pérez Pico, Elena López e Cristina Martínez-, destacan que a calidade dos meles deste ano “foi moito mellor que en edicións anteriores” todos meles distintos entre sí e con matices tanto nos monoflorais como multiflorais. “Estase decantando e filtrando moito mellor” polo que este 2020, malia as súas especiais circunstancias, pode marcarse como un fito na mellora da produción local e no camiño á profesionalización dos produtores da zona, unha trintena deles membros da Casa do Mel Goente As Pontes.

Dende esta casa do Mel felicítanse de que “cada ano haxa maior participación e máis xente na cata”, mentres lembran que na mellora desta calidade tamén inflúe a formación que reciben os apicultores, “estamos moi contentos do mel que tivemos. Pero agora hai que darlle un xiro máis para seguir avanzando e diferenciarse”, afirman. O obxectivo, ademais, é conseguir que o mel non sexa só un complemento á renda do produtor senon a fonte principal de ingresos.

Tamén dendo o concello de Muras están moi satisfeitos do acadado, xa que conseguiron manter a cata malia ter que cancelar a Feira do Mel por motivos sanitarios. O tenente de alcalde e Concelleiro de Medio Rural, Mario Rouco, explica que a cata fíxose igualmente “porque o mundo segue malia a Covid19, as abellas seguen a facer mel”. Ademais é un “recoñecemento ao traballo dos apicultores que seguiron traballando”. “Este é o camiño a seguir”, continúa Mario Rouco, “e agora queda a difusión e o diferenciármonos co noso mellor mel. Parabéns a todas e todos polo acadado e porque nestes tempos o mundo do mel siga adiante”.

O gañador co Mellor Mel Monofloral foi José Antonio Permuy cun mel colleitado en Ambosores (Muras) e a finalista co seu Mel Monofloral de Queiroga foi Gemma Pena Rodríguez, por un mel colleito en Muras. Se ben a entrega dos premios estaba prevista facela o venres 20, foi adiada pola situación sanitaria, pero os apicultores poden recoller as analíticas das súas mostras no concello ou ben chamar para que se lles envíe “e evitar desprazamentos innecesarios”, explica o concelleiro de Medio Rural. A entrega destes recoñecementos farase en canto a situación causada polas restriccións o permita.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información