O Condado Paradanta celebra unha xornada sobre a apertura de polígonos agroforestais para viticultores

O subdirector de AGADER asistirá a esta xornada que se enmarca no proxecto Viño e Froita, unha iniciativa de Cooperación de LEADER.

O Condado Paradanta celebra unha xornada sobre a apertura de polígonos agroforestais para viticultores

O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) do Condado Paradanta organiza para este venres, 24 de novembro unha xornada na que se analizará a creación de polígonos agroforestais para dotar de base territorial aos viticultores da zona. Durante o encontro, exporanse as conclusións das entrevistas realizadas polo GDR á viticultores do territorio, a maioría dos cales manifestaron a súa intención de expansión e a dificultade de acceso á terras para poder facelo. “A viticultura do Condado Paradanta quere medrar e o GDR pon á súa disposición as posibilidades para conseguilo” apunta o xerente da entidade supramunicipal, Paco González.

A actuación enmarcase dentro do proxecto de cooperación LEADER “Viño e Froita” impulsado polo GDR do territorio e no que colabora o GDR Mariñas Betanzos. Este ten por obxectivo principal explorar a viticultura e a fruticultura como novas alternativas para o aproveitamento agrícola e está cofinanciado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) da Xunta
de Galicia, fondos Feader e a Administración xeral do Estado.

Fruticultura

Ademais de impulsar a viticultura, “Viño e Froita” explora diferentes alternativas de novos usos
para as terras agrarias abandonadas, como é a produción de mazás no territorio do GDR Mariñas
Betanzos e de cítricos no Condado Paradanta.

De ámbolos dous casos se dará conta na xornada do venres, na que se abordarán os avances da
actividade desenvolvida na parcela de 5.000 m² adquirida polo GDR e que servirá como campo
de ensaio para identificar o tipo de citricultura que se pode producir no territorio. Para elo
tamén se tomará como referencia outras explotacións similares en zonas próximas á área de
actuación.

Xornada

O evento de peche do programa terá lugar este venres, 24 de novembro, na segunda planta da Biblioteca de Mondariz, a partires das 10:45 horas e está aberto a todo o público que se inscriba antes do 23 de novembro (ese día incluído).

Ao encontro asistirá o subdirector de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Alfredo Fernández, o alcalde de Mondariz, Xoán Carlos Bugarín, o presidentes do GDR Condado Paradanta Juan Pablo Castillo e demais persoeiros da Administración.

Entidades colaboradoras

Ademais do GDR Condado Paradanta e o GDR Mariñas Betanzos, participan como entidades colaboradoras outras organizacións, públicas e privadas con interese no mesmo. No territorio do GDR Mariñas Betanzos, colabora o Concello de Paderne; e no do GDR Condado Paradanta, os concellos A Cañiza, As Neves, Covelo, Mondariz e o Concello de Salvaterra.

PECHE VF - PROGRAMA_01

PECHE VF - PROGRAMA_02

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información