Nova edición de Ciencia na Aldea en Negueira de Muñiz

Organizan a Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Asociación Corripa

Nova edición de Ciencia na Aldea en Negueira de Muñiz

A área de Rural da Vicepresidencia Deputación de Lugo impulsa a cuarta edición das Xornadas de Desenvolvemento Rural Ciencia na aldea, que se celebrarán do 26 ao 28 de abril no ecomuseo El País del Abeyeiro, en Negueira de Muñiz, da man da Asociación Corripa. O deputado Daniel García presentou o programa esta tarde, acompañado por Vanessa Paredes e Alberto Uría, presidenta e vicepresidente da Asociación Corripa, e polo divulgador científico Manuel Vicente e polo biólogo Martiño Cabana, que tomarán parte nas xornadas, cunha ducia de ponencias e mesas redondas sobre a biodiversidade, con especial atención ao mundo dos insectos e a especies ameazadas, e a divulgación científica como instrumento para extender a sensibilidade ambiental e promover a conservación dos entornos rurais.

A Martiño Cabana e Manuel Vicente súmase unha ampla nómina de investigadoras e científicos de diferentes ámbitos, desde o estudo dos insectos ata a neurobioloxía, a astrofísica ou a seguridade alimentaria, así como xornalistas e divulgadores científicos de referencia no ámbito estatal. O programa inclúe tamén unha ponencia sobre o funcionamento do Parque Biolóxico de Gaia, en Portugal, referente en educación ambiental en Portugal.

Alberto Uria lembrou que “Ciencia na aldea naceu para achegar a ciencia ao rural, á vida das aldeas e á biodiversidade que hai nelas a través de relatorios e mesas redondas con algúns dos científicos máis importantes do Estado” e destacou que “nesta edición queremos ir un paso máis aló e darlle proxección internacional coa participación de ponentes de Portugal”.

Daniel García destacou “a continuidade que desde a área de Rural e a Asociación Corripa lle estamos dando a este encontro de carácter científico e divulgativo que profundiza na importancia de conservar as nosas paisaxes e o noso patrimonio natural, algo que só é posible cun apoio real ás persoas que desenvolven os seus proxectos profesionais e vitais no medio rural”

O deputado provincial destacou tamén que “as tres anteriores edicións avalan estas xornadas que implican moitas persoas, participantes e ponentes, dinamizando e dando a coñecer a zona por todo o Estado” e valorou tamén “as actividades de educación ambiental organizadas pola Asociación Corripa ao longo de todo ano”.

As inscricións para participar poden realizarse na web www.asociacioncorripa.org, a partir deste venres (10.00 horas). A participación é gratuíta.

Venres 26 de abril: Ciencia cercana
17:00 Inauguración das Jornadas
Daniel García (Deputado de Rural, Mar e Mocidade da Deputación de Lugo), Vanessa Paredes (Presidenta Asociación Corripa), Alberto Uría (Vicepresidente Asociación Corripa)
17:15 A Asociación Corripa
Vanessa Paredes (Ambientóloga e presidenta Asociación Corripa)
17:45 Buscando bichos. Distribución e conservación de fauna ameazada
Martiño Cabana (Herpetólogo)
18:30 Los virus que nos hacen humanos
José Arrojo Fernández (Virólogo e profesor de Formación Profesional)
19:15 Pausa Café
19:30 Estrelas galegas da Ciencia
Manuel Vicente (Químico, divulgador científico e director de Efervesciencia en Radio Galega)
20:15 Mesa redonda: Ciencia cercana
Noa González (Bióloga), Lucía González (Astrofísica), Santiago García de Enterría (Biólogo). Modera: Vanessa Paredes (Ambientóloga e presidenta Asociación Corripa)
21:30 Cea: Pieiga (Negueira de Muñiz)

Sábado 27 de abril: Ensinando Ciencia
09:30 41 anos de educación ambiental. O Parque Biológico de Gaia
Henrique Nepomuceno Alves (Biólogo e director do Zoo Parque Biolóxico deGaia. Portugal)
10:30 A especie máis estúpida da Terra: a especie humana
José Carlos Otero (Entomólogo daUSC)
11:30 Pausa Café
11:45 Unicornios, entomoloxía e mulleres. Ciencia fantástica!
Félix Torres (Taxónomo e entomólogo de la Universidad de Salamanca)
12:45 Mesa redonda: ¿Cómo divulgar ciencia?
Pedro Cáceres (Fundador El ágora diario del auga), Valentina Raffio (Xornalista ambiental en El Periódico), Luis Guijarro (Xornalista e vicepresidente de APIA), Manuel Vicente (Divulgador científicoe director del programa Efervescienciaen Radio Galega). Modera: Alberto Uría (Vicepresidente Asociación Corripa)
14:15 Comida popular: Penadanogueira (Negueira de Muñiz)
15:30 Ciencia desde a naturaleza
Teresa Valdés Solís (Enxeñeira química e investigadora CSIC)
16:30 Pero… Que ven os meus ollos!
Conchi Lillo (Neurobióloga en la Universidad de Salamanca)
17:30 A ilusión de comer coma un Deus
Gemma del Caño (Licenciada en Farmacia, especializada en innovación, biotecnoloxía e seguridade alimentaria)
18:30 Pausa Café
18:45 A crisis ambiental como unha oportunidad para a recivilización, Fernando Valladares (Investigador científico CSIC e profesor de Ecoloxía da Universidad Rey Juan Carlos)
19:45 Mesa redonda: Ensinando a pensar
Conchi Lillo (Neurobióloga na Universidad de Salamanca), Gemma del Caño (Licenciada en Farmacia, especializada en innovación, biotecnoloxía e seguridade alimentaria), Fernando Valladares (Investigador científico CSIC e profesor de Ecoloxía da Universidad Rey Juan Carlos), Teresa Valdés Solís (Enxeñeira química e investigadora CSIC). Modera: Félix Torres (Taxónomo e entomólogo en la Universidad de Salamanca)
21:30 Cena popular: Penadanogueira (Negueira de Muñiz)
23:30 Tertulia baixo as estrelas, karaoke científico e queimada popular.

Domingo 28 de Abril
: Plantas, insectos e música (Xornada de portas abertas)
10:00 Café de benvida
10:30 “Unha aldea con futuro”, un relato dos resultados dos proxectos da
Asociación Corripa. Vanessa Paredes (Presidenta Asociación Corripa), Alberto Uría (Vicepresidente
Asociación Corripa), Floreal Uría (Natural de Penadanogueira), Bernabé Moya (Botánico) e Félix Torres (Taxónomo e entomólogo en la Universidad de Salamanca). Modera: Roberto Lozano (Presidente de Fundación Oxígeno e do Comité español da UICN)
11:30 Actuacións musicais:
11:30 Alonso Jimeno (Batería)
12:00 Mini e Navia Rivas (Voz e guitarra)
13:00 Tania Pereira (Voz e guitarra)
14:30 Comida Popular: Penadanogueira (Negueira de Muñiz)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información