A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

New Holland amplía a súa oferta coa empacadora premium Prol-Belt

A nova rotoempacadora de cámara variable presentarase en eventos locais e lanzarase oficialmente a final de ano

New Holland amplía a súa oferta coa empacadora premium Prol-Belt

Nova empacadora Pro-Belt de New Holland.

New Holland Agriculture amplía a súa oferta de rotoempacadoras de cámara variable coa nova serie Prol-Belt. Esta rotoempacadora premium é unha máquina versátil, de alto rendemento e duradeira que ofrece unha forma excelente de paca en tódolos cultivos e condicións.

Simon Nichol, xefe de produto de herba seca e forraxe, afirma: “Desenvolvemos a serie Prol-Belt para satisfacer as necesidades específicas de contratistas e agricultores que dan un gran uso ás súas empacadoras cada ano. A súa fiabilidade é un factor de éxito clave para eles, xa que lles permite obter o mesmo rendemento óptimo aínda que se anticipen ou atrasen os períodos de recolección”.

“A serie -destaca Simon Nichol- caracterízase pola súa excepcional produtividade en todas as condicións de cultivo, proporcionando unha elevada densidade de paca que axuda a manter as propiedades nutricionais do cultivo recentemente colleitado. Ademais, esta extraordinaria versatilidade e rendemento preséntanse nun moderno deseño optimizado”.

O Prol-Belt foi deseñada baseándose nos comentarios que recolleu New Holland en numerosas probas de condución para clientes realizadas en todo o mundo, desde Norteamérica até Australia, Nova Zelandia e Europa, producindo un total de 150.000 pacas.

Os participantes indicaron claramente as características de rendemento que consideraban fundamentais: versatilidade de cultivo, capacidade, e densidade e aspecto da paca. A nova empacadora cumpre todos os requisitos cun extraordinario rendemento.

A nova empacadora foi desenvolvida para proporcionar fiabilidade e durabilidade, cunha transmisión que ofrece unha gran eficiencia e robustez mecánica e un deseño optimizado con menos compoñentes e pezas móbiles que, á súa vez, son máis resistentes.

O rotor de alto rendemento cun diámetro de 520 mm, en combinación coa tecnoloxía Active Drop Floor, proporciona un feedback constante ao operador, habilitándolle para maximizar a produtividade cunha elevada produción e unha alimentación ininterrompida. Permite obter o mesmo rendemento óptimo en ensilado e palla seca, producindo unha elevada densidade de paca constante e creando pacas firmes e perfectamente formadas para facilitar a súa manipulación e apilado.

Cunha capacidade de até 30 toneladas por hora e 140 kg/m3 en palla, o Prol-Belt permitirá aos clientes empacar antes o cultivo, terminando de traballar o campo en menos tempo e con menos pacas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *