Os prezos do gando que concorreron na xornada de hoxe no mercado de Amio presentaron unha lixeira subida. Así, soben 10 euros os prezos da recría da raza frisoa.
En canto á asistencia de gando, na sesión de hoxe pasaron polo recinto 1.669 reses, 762 menos que á do 21 de febreiro. En detalle, asistiron 1465 cabezas de vacún menor (735 menos que na sesión anterior); 64 de vacún mediano (-18) e 128 de vacún grande (-21).
Os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiron manter os prezos da sesión anterior para todas as categorías e as calidades desta carne.
Máis información
– Táboa completa dos prezos de Amio (28-II-2024).