O mercado de Amio moveu 82.789 reses durante o ano 2023

Un 60% dos becerros de recría cébanse noutras comunidades autónomas, como Castela e León ou Cataluña

O mercado de Amio moveu 82.789 reses durante o ano 2023

Durante o ano 2023 houbo unha afluencia total de gando ao recinto feiral do Mercado de Amio de 82.789 reses. A maior parte deste total corresponde ao gando vacún, que suma 81.945 cabezas: 69.245 de vacún menor, 5.006 de mediano e 7.694 de vacún maior de abasto e para vida. As restantes 844 reses son de gando equino (781) e de ovino e caprino (63).

Ao comparar estas cifras coas de 2022 resulta que a concorrencia total de gando deste ano foi inferior á do 2022 en 4.273 reses, o que representa unha diminución do 5,16 %. Distribuída esta cantidade por tipos de gando, a afluencia de vacún diminuíu un 4,99 % (4.301 reses menos).

En canto ao destino do gando vacún, saíron cara ás explotacións e matadoiros da Comunidade Autónoma de Galicia un total de 38.403 animais (27.034 de vacún menor, 4.966 de mediano e 6.403 de vacún maior de abasto e para vida). Con destino a otras comunidades autónomas saíron en total 44.358 reses de vacún, a maioría das cales para recría (42.211 animais). Das devanditas comunidades, o destino maioritario o representa Castela e León, que recibe un total de 15.527 animais para recría, seguida de Cataluña con 8.274 reses do mesmo tipo de gando.

Polo que respecta ao valor económico da actividade gandeira comercial, este ano alcanza a cifra global de 34.873.753 euros, cantidade superior á do 2022 en 514.018 euros. O volumen económico da actividade predominante no mercado (comercio do gando vacún), alcanza 33.648.419 euros, cantidade superior á do ano 2022 en 384.473 euros.

Os prezos medios quedaron da seguinte maneira: 201 euros o de becerros de recría; 1.004 euros os becerros de abasto; 1.005 euros o prezo medio de vacún maior de abasto; 1.342 euros o prezo medio do vacún maior de vida. Neste último, as frisoas obtiveron un prezo medio en 2023 de 1.289 euros e a Rubia Galega e outras de 1.346 euros.

Memoria completa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información