Esta semana no Mercado de Amio a recría de cruces industriais de cor experimentou unha baixada de 5 euros dos prezos de referencia. Mentres, as canais de vacún maior coas clasificacións O e P rexistraron un lixeiro descenso de 0,05 euros.
En canto á afluencia, contabilizáronse un total de 1.704 animais, 59 máis que na feira da semana pasada. En concreto, na sesión de hoxe houbo 1.455 cabezas de vacún menor (87 máis), 78 de vacún mediano (12 reses menos) e 171 de vacún maior (16 menos).
Pola súa banda, os vogais da Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordaron baixar 0,03 euros os prezos das canles da categoría Suprema.
Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (24-I-2024).