A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Kovital: O novo plan nutricional de Heus para cebo de becerros con maior eficiencia e benestar animal

Eva Rodríguez Ribeiro, xefa de produto de Vacún de Carne en De Heus, explica as particularidades de Kovital®, un novo plan nutricional de precisión para o cebo de tenreiros, deseñado para cubrir os requirimentos dos diferentes tipos xenéticos co obxectivo de adaptar o rume de forma gradual ao consumo de penso e evitar así trastornos dixestivos

De Heus acaba de anunciar o lanzamento de Kovital®, un novo programa de alimentación para cebo de becerros, que ten como principal obxectivo cubrir de forma completa e eficiente todos os seus requirimentos nutricionais durante as súas diferentes fases: adaptación, crecemento e acabado. “A gama componse de once pensos formulados en función do tipo xenético dos tenreiros, para conseguir que expresen todo o seu potencial produtivo”, explica Eva Rodríguez, xefa de produto de Vacún de Carne en De Heus.

Young blonde Anquitaine cows

Para o desenvolvemento deste novo plan nutricional, en De Heus destacan o seu coñecemento profundo das particularidades da produción de carne de vacún en España: “Caracterízase pola ampla variedade de razas coas que se traballa e un sistema de cebo onde os gandeiros son cada vez máis profesionais e cuns custos de produción moi axustados”.

Escoitando aos gandeiros e respondendo a estas necesidades, De Heus deseñou Kovital®. “Coñecemos o funcionamento dixestivo dos tenreiros e somos conscientes da necesidade de manter un rume saudable se queremos obter os mellores resultados técnicos nos cebadoiros, por iso Kovital® está coidadosamente formulado para evitar problemas dixestivos e presenta unha composición estable e altamente palatable que favorece o consumo dos pensos”, indica Eva Rodríguez.

KOVITAL De Heus 2 touro becerros rubia

A xefa de produto de Vacún de Carne en De Heus, que leva máis dunha década traballando no desenvolvemento de plans nutricionais para rumiantes e está preto de cumprir dous anos na compañía, detalla o proceso de desenvolvemento deste novo produto. “Aproveitamos o noso amplo coñecemento en alimentación de ruminantes tras anos de experiencia. Somos expertos en nutricional animal e levamos moitos anos de traballo no campo, o que nos proporciona un amplo coñecemento do sector e das súas necesidades. Para o desenvolvemento de Kovital®, leváronse a cabo varias probas experimentais dos nosos produtos en diferentes cebadoiros con bos resultados técnicos, tanto en control de consumo como en ganancia media diaria e custos de produción”.

“Todos os tenreiros que chegan ao cebadoiro non se comportan igual durante o cebo: presentan diferentes índices técnicos (IC, GMD) e diferentes pesadas no momento do sacrificio. En De Heus temos claro que os becerros necesitan unha alimentación de precisión. Grazas á adaptación ás necesidades específicas de cada etapa, o programa Kovital® permite mellorar os resultados produtivos dos cebadoiros e a súa rendibilidade”, salienta.

INFOGRAFIA SFOS KOVITAL de heus

Para iso, é clave a formulación SFOS desenvolvida pola compañía. “O novo plan baséase nunha alimentación máis equilibrada e eficiente grazas ao sistema de formulación SFOS, unha ferramenta de De Heus que garante a sincronización da degradación do alimento no rume e favorece o funcionamento óptimo do mesmo. Con este sistema de formulación evítanse as incidencias dixestivas por acidose ruminal derivadas das dietas con altas concentracións en amidóns, xa que controlamos a velocidade de fermentación dos carbohidratos a nivel ruminal”.

Facer fronte aos novos desafíos coas mellores ferramentas

Entre os principais desafíos no cebo de tenreiros, Eva Rodríguez apunta ás cada vez máis esixentes demandas dos consumidores de carne, que “mostran unha crecente sensibilidade pola rastrexabilidade dos produtos, a súa calidade nutritiva e o benestar animal”. “Os problemas dixestivos non só supoñen un prexuízo económico directo nos gandeiros, xa que empeoran os resultados produtivos, senón que tamén dan unha mala imaxe do produto cara aos consumidores, por iso é polo que Kovital® formulouse especificamente para adaptar o rume de forma gradual ao consumo de penso, evitando trastornos dixestivos”.

Zwei süße Kälbe auf einer grünen Wiese, Frühlingsmotiv

Respondendo o compromiso coa sustentabilidade e o benestar animal da compañía, Eva Rodríguez debulla como estes factores se tiveron en conta para lanzar o programa Kovital®. “Un xato ben alimentado mellora a súa función inmune e reduce o risco de padecer enfermidades. Ofrecendo unha alimentación equilibrada e de precisión logramos aumentar o seu grao de benestar e mellorar os seus rendementos produtivos. Se aseguramos unha absorción eficaz de nutrientes, logramos diminuír a emisión de nitróxeno ao medio ambiente, reducindo considerablemente o impacto ambiental das gandarías”.

Desde a compañía destacan o valor engadido que ofrece o seu amplo equipo técnico e especializado, co obxectivo de “asesorar aos nosos gandeiros en alimentación, manexo e xestión técnico-económica das súas explotacións”. Ademais, no marco da súa aposta pola dixitalización, ofrecen “ferramentas de control e xestión de datos para a optimización do proceso de cebo de tenreiros: cálculo de necesidades, comparación de dietas, estrutura de custos e control de resultados”.

“Se aos gandeiros vailles ben, a nós vainos ben. En De Heus apostamos polo sector e imos da man cos nosos clientes, comprometidos co seu desenvolvemento profesional”, conclúe.

Máis información sobre Kovital nesta ligazón

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *