A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Tráfico fluído de vacas en muxido robotizado

Un artigo de Rubén González Vicente, Key Account Vacún Leite de De Heus.

robot muxido de beus 1O número de ganderías galegas que utilizan robot de muxido segue cmedrando ano tras ano. Os motivos máis importantes que favorecen o abandono dos sistemas de muxido tradicionais son, por orde de importancia:

-A flexibilidade laboral.

-O aumento da produción leiteira, grazas a un terceiro muxido nos animais máis produtivos e a un eficiente punteo de concentrado nos animais que máis o requiren.

-O maior control do rabaño pola alta cantidade de información que obtemos dos nosos animais.

deheus logo con powering progress (1)O principal obxectivo do equipo de nutrición de De Heus é conseguir altas producións de leite sen perder esa flexibilidade laboral, que se sinala como motivo número un, cando nunha gandaría óptase pola instalación deste sistema de muxido automatizado (AMS). Para iso, estes sistemas automáticos necesitan que o tráfico de vacas sexa fluído e VOLUNTARIO. Non é aceptable que teñamos que perder man de obra para empurrar máis do 10% das vacas en lactación cara ao robot, varias veces ao día. Se esta fose a situación actual do establo, a gandeira/o estaría máis suxeita/o que coa antiga sala de muxido, e os datos de eficiencia produtiva-económica nunca serían bos.

Dabondo son coñecidos os factores propios do establo, que van favorecer ou empeorar o fluxo de vacas ao robot:

-Deseño das instalacións: amplitude de corredores e zona de espera, localización do robot (luz e ventilación).

-Saúde do rabaño: problemas de patas ou outro tipo de patoloxías.

-Conservación e dixestibilidade das forraxes.

DE HEUS Ruminants_Dairy_RobotExpert_Wheel of Succes_Dutch

Desde a alimentación, en De Heus, como empresa especializada en nutrición animal, enfocamos este reto desde os distintos puntos dun estrito protocolo:

Robot Expert: é unha ferramenta informática rápida e sinxela a disposición dos nosos técnicos en campo, que analiza e axiliza a toma de decisións, independentemente da marca de robot e do número de cabinas que atopa no establo.

-Concentrados para robot (Goalfeed): son a última xeración de pensos de gama que demostraron nos últimos anos unha seguridade dixestiva, palatabilidade e granulación magníficas, alicerces básicos para alcanzar un bo tráfico cara ao robot.

-Alta cualificación en nutrición das persoas encargadas de planificar a ración a pé de granxa: esta é unha alimentación disociada, coa mestura en carro e o penso que lle proporciona o robot. A complexidade que une a estas dúas variables fai que os nosos técnicos teñan en conta os puntos críticos máis importantes que nos van axudar a alcanzar o noso obxectivo: densidade enerxética, proteína soluble, dixestibilidade, conservación das forraxes, picado, mesturado e arrimado do unifeed, etc. Con iso, formúlase un penso en fariña que vai ser específico para cada granxa, xa que non hai dúas explotacións que cultiven as forraxes exactamente igual, nin terán as mesmas cantidades de silo dispoñibles para o número de animais cos que traballan.

-Configuración dos accesos ao muxido e táboas de alimentación: os programas informáticos que acompañan aos robots permiten modificar as curvas de alimentación e os permisos de muxido. Só un técnico en alimentación con experiencia e cualificación debería modificalas polo seu inmediato impacto na frecuencia de muxiduras.

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *