Preto de 300 profesionais gandeiros procedentes de toda Galicia e de diferentes zonas do Principado de Asturias déronse cita o pasado 30 de novembro en Vilalba (Lugo) para celebrar a primeira edición do Día do Gandeiro de Leite De Heus, organizado pola compañía para “agradecer o seu compromiso e a súa contribución diaria á produción de alimentos”, en palabras do xefe de negocio de Rumiantes de De Heus, Ramiro Fernández.
A xornada arrincou coa benvida a cargo de Fernández e do director comercial na zona norte de España, Daniel Castro. “O mercado cambia e nós con el2, sostén o primeiro. “Desde fai catro anos, decidimos cambiar o rumbo polo xiro inminente que percibimos no mercado e a necesidade do gandeiro de adaptarse. A eficiencia global dunha granxa é clave; por iso, as presentacións desta xornada van enfocadas ao Big Data, as novas tecnoloxías, a robotización, o Plan Kaliber® de recría de tenreiras e Prelacto®. Estamos a preparar lanzamentos moi importantes para 2024 nesa dirección“, destacou.
A continuación, os xerentes de zona María del Carmen Expósito e Alejandro Rodríguez; Daniel Ramón Prado, Key Account de Vacún de Leite; o responsable do Servizo Técnico de Vacún de Leite, Miguel Iglesias; e o xefe de produto de Rumiantes a nivel global de Royal De Heus, Sander Abrahamse, disertaron sobre as necesidades das granxas actuais e a importancia da análise de datos globais.
Óscar Martínez, adxunto á Dirección Comercial de De Heus, puxo fin ao encontro coa presentación do exitoso proxecto De Heus Kids, co que a compañía pretende achegar o campo á cidade, educando os máis pequenos na importancia da produción primaria e o mundo rural.
Así, De Heus levou a cabo con éxito rotundo esta xornada de celebración, que culmina un ano con marca de vendas en vacún de leite para a empresa.
Sobre Royal De Heus
De Heus Nutrición Animal contribúe á dispoñibilidade e accesibilidade de alimentos seguros e saudables de maneira sustentable. A través dos seus produtos, coñecemento e experiencia, axuda aos gandeiros de todo o mundo a progresar.
Como empresa familiar, fundada en 1911 e especializada en nutrición animal durante catro xeracións, busca activamente oportunidades para xerar valor e impacto en toda a cadea de produción de proteína animal.
Conta cun experimentado equipo de miles de profesionais, producindo alimentos para animais en máis de 20 países en todo o mundo. Ademais, opera en Europa do Leste, África, Medio Oriente e Sudamérica a través da exportación de concentrados e premezclas. Desta forma, contribúe cada día ao desenvolvemento do sector gandeiro.
En España, De Heus está presente en practicamente todo o territorio nacional a través dos seus 12 centros de produción e preto de 450 empregados. Posúe unha capacidade produtiva superior ao millón de toneladas anuais.