Kiwi Atlántico logra unha colleita dunhas 9000 toneladas de “gran calidade e calibre”

Publicidade
Kiwi Atlántico logra unha colleita dunhas 9000 toneladas de “gran calidade e calibre”

A sociedade galega Kiwi Atlántico arrincou xa a súa nova campaña e anuncia unha froita con características de “óptima calidade, máis gorda e con excelentes niveis de sabor”. Así o confirma o director xerente da compañía, José Carlos Vila, que concreta que “o pasado verán e a choiva durante a colleita contribuíron a que o punto de acidez e o nivel de dozura estean perfectamente harmonizados”. Tamén lembra que continúan apostando polo kiwi verde de variedade Hayward.

En total a colleita dos 120 produtores socios e asociados a Kiwi Atlántico, que agrupa unhas 400 hectáreas de cultivo, chegou este ano ás 9000 toneladas, un 5% máis que o ano pasado, grazas á entrada en produción de novas plantacións. O kiwi galego estará no mercado a partir deste mes de decembro e espérase que a campaña de vendas se prolongue até os meses de maio e xuño, momento a partir do cal toma o relevo a froita producida no hemisferio sur, sobre todo de Nova Zelandia.

Novos investimentos para os próximos anos

Kiwi Atlántico afronta novos proxectos que esixirán un importante investimento económico para os próximos dous anos. Unha vez finalizados os investimentos de ampliación de cámaras frigoríficas, cambio do sistema de refrixeración e a ampliación de zonas de confección, agora continuarán ampliando as súas instalacións empezando pola zona de recepción da froita, así como a zona de stock. Tamén se investirá en nova maquinaria con cambios na calibradora e a automatización da paletización.

Ademais, están a traballar xa nun proxecto de adquisición de novas leiras que estará por riba dos 1.500.000 de euros. Kiwi Atlántico está a ver posibilidades,en Galicia, pero tamén en Asturias e Portugal, de adquirir parcelas para novas plantacións propias, de 20 hectáreas de tamaño para arriba.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información