Inleit lanza ao mercado unha liña de lácteos para deportistas elaborados a partir de leite galego

Inleit lanza ao mercado unha liña de lácteos para deportistas elaborados a partir de leite galego

InLeit Ingredients lanza unha nova liña de poductos funcionais, Clear Drink Series, pensada para dar resposta ás persoas que realizan práctica deportiva, con propostas para as diferentes intensidades de actividade. Todos son produtos cristalinos e completamente libres de colorantes artificiais, conservantes e azucres engadidos.

A liña completa, que será presentada mañá na Fi Europe, un dos escaparates máis importantes en novidades alimentarias e que se celebra desde mañá e ata o día 8 de decembro en París, sae ao mercado cunha solución que axude aos seus clientes para desenvolver produtos diferenciados tendo en conta as distintas esixencias das fases deportivas, xa sexan de carácter máis amateur á liña máis esixente de competición.

Deste xeito, para un primeiro elo se parte dunha bebida dirixida á rehidratación e a achega enerxética durante e antes da práctica deportiva. Para situacións de pre-adestramento e mantemento dun bo estado físico durante o mesmo, desenvolveuse unha nova solución con permeado de leite. Rico en potasio, fósforo, calcio, sodio e magnesio, minerais chamados electrolitos que son esenciais para manter o corpo en funcionamento.

O terceiro produto cun 5% de proteína e un alto nivel de electrolitos diríxese a aqueles adestramentos de carácter máis intenso ou prolongado. E xa o cuarto produto cun 8% da chamada “proteína rápida” convértea na bebida perfecta para tomar despois do adestramento, xa que axuda a mellorar o proceso de reparación e reconstrución muscular.

Esta nova liña de aplicacións e solucións para a elaboración de novos produtos chega ao mercado unha vez que a compañía desenvolveu con éxito a marca LeitUp, gama centrada en proteína láctea e dispoñible desde hai un ano a industria alimentaria, especialmente a queixeira.

Sobre InLeit

Cunha superficie construída de máis de 12.000m² e máis de 700m² dedicados exclusivamente ás actividades de I+D, a factoría de InLeit, que iniciou actividade en 2020, está situada na localidade galega de Curtis-Teixeiro.

Cun persoal actual de 175 persoas centra a súa actividade na elaboración
e transformación de leite nos seguintes produtos:

-Lácteos fraccionados

-Concentrados líquidos: Caseínas micelares; proteínas lácteas e Permeado

-Ingredientes en po: leite desnatado, concentrados/illados de proteínas séricas nativas e caseínas micelares.

Todo o leite que se procesa na planta procede de granxas galegas. Concretamente, de máis de 200 explotacións particulares ás que se suma, de modo indirecto, ao redor de 120 máis, a través da compra ás tres grandes cooperativas Leitenoso, Clun e Aira.

O pasado ano, 2021, transformáronse máis de 262 millóns de litros de leite.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información