Apicultura

Iniciativa solidaria para darlles alimento e reubicar as abellas afectadas polos lumes

22/07/2022 12:12 p.m.

A Agrupación Apícola de Galicia e a Asociación Valdeorresa de Apicultores tecen rede de solidaridade para axudar aos apicultores/as afectados polos incendios forestais, buscando novas ubicacións ou mesmo alimento para as colmeas afectadas.

Para as persoas ou entidades que queiran axudar ofrecendo alimento ou ubicacións para as colmeas chamar aos teléfonos  988 36 00 89 ou 646 78 82 15 ou enviar un email a oficina@planapicola.com

Son moitas as colmeas e colmeares afectados polos lumes que afectan Galicia en estes últimos días na zona de Valdeorras, Quiroga, O Courel, Pobra de Brollón e Oímbra. Aínda non se teñen datos finais, posto que moitos apicultores non pudieron acceder aos colmeares, pero segundo a Agrupación Apícola de Galicia “estamos falando de miles de colmeas queimadas e outras moitas que van ter que reubicarse”.

Precisamente, esta asociación acaba de publicar unha guía sinxela para axudar aos manexos dos colmeares e colmeas afectadas e ceden tamén alimento líquido e sólido para que aporten ás colmeas afectadas que o precisen.

Ademáis, solicitan á Administracións axudas para as explotacións afectadas para pagar o movemento de colmeas, para alimentación das mesmas e para a perdas das explotacións. Dende a Agrupación Apícola tamén demandan que para a repoboación dos montes se utilicen especies autóctonas, que non promovan o lume e que sirvan de alimento para as abellas.

Etiquetado
Ir a la portada