Gandería de leite de Ordes ofrece posto de traballo estable

Del Río Deus SC busca un traballador de apoio para realizar tarefas como muxir ou facer as camas. Valórase experiencia

ganaderia Del Rio Deus SC (Ordes)1A gandería Del Río Deus SC de Ordes ofrece posto de traballo estable e con incorporación inmediata para realizar labores de apoio no día a día desta explotación familiar de producción de leite.

Trátase dunha gandería con instalacións modernas que dobrou hai 7 anos o número de animais e que está a muxir neste momento unhas 140 vacas. Os horarios de muxido teñen lugar ás 7 da mañá e ás 6 e media da tarde nunha sala de 14 puntos. 

Á fronte desta explotación atópase José e o seu fillo Miguel, que buscan un empregado de reforzo. Valórase experiencia en posto semellante e que a persoa sexa responsable no traballo.

Experiencia en manexo do gando

ganaderia Del Rio Deus SC (Ordes)2

O establo conta con limpeza automática e da alimentación encárgase unha CUMA da zona

As tarefas a realizar consistirían fundamentalmente en muxir e acondicionar camas, así como outras necesidades puntuais que puideran xurdir dentro do que é o manexo do gando. 

Non é necesario dispor de carnet de conducir, xa que non habería que traballar con maquinaria. A alimentación do gando na explotación realízase mediante o carro mesturador dunha CUMA da zona. 

Día e medio de libranza á semana

En canto ás condicións do posto, o horario de traballo sería en xornada partida e con día e medio de libranza á semana. Tanto os días de descanso como as vacacións a disfrutar serían flexibles en función da organización do traballo na granxa.

A gandería está ubicada na parroquia de Lesta, a 6 quilómetros da capitalidade municipal, na estrada que vai de Ordes a Carballo. 

As persoas interesadas no posto de traballo poden poñerse en contacto con José no teléfono 660 940 407

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información