Galicia xa cortou 9 millóns de metros cúbicos de madeira no que vai de ano, o 56% de eucalipto

Galicia xa cortou 9 millóns de metros cúbicos de madeira no que vai de ano, o 56% de eucalipto

osé Luis Chan na clausura da asemblea xeral extraordinaria de Lugo madera.

Galicia consolídase na corta de madeira a nivel nacional con preto de 9 millóns de metros cúbicos alcanzados no que vai de ano, co obxectivo de futuro posto para o sector forestal en superar os 10,9 millóns de m³ de madeira industrial na comunidade. Así o destacou este venres o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, durante a clausura da asemblea xeral extraordinaria de Lugo madera.

Analizando o volume de cortas de madeira actuais, a provincia da Coruña aglutina 3.902 millóns de metros cúbicos, seguida moi de preto por Lugo con 3.493 millóns, Pontevedra con 1.106 millóns e Ourense con 360 millóns de metros cúbicos.

Isto supón que foron concedidos preto de 47.000 expedientes de cortas de madeira a particulares, dos cales case 14.000 foron autorizacións e 33.000 declaracións responsables. En canto a especies, un total de 5.087 millóns de metros cúbicos proveñen de plantacións de eucalipto, o 56%, e 3.471 millóns de m³ de piñeiros (radiata, sylvestris e pinaster).

Durante o acto, o director xeral salientou que de lograr o obxectivo de 10,9 millóns de volume de cortas de madeira, incrementaríase a facturación da cadea monte-industria nun 8%, ata acadar os 2.700 millóns de euros anuais, e chegando aos 25.000 postos de traballo.

Para iso, o director xeral avogou porque o sector forestal afonde no seu carácter “responsable, transparente e maduro, no sentido de apostar por unha xestión forestal activa, pero sustentable, baseada nun monte multifuncional e con futuro”. Neste contexto, indicou tamén que “se segue a traballar na diversificación do monte galego, a través dos plans estratéxicos do castiñeiro e do piñeiro, que consolidan esta diversificación cunha aposta pública importantísima”.

Ademáis, salientou que “a Xunta está apostando pola xestión forestal sostible e, só neste último ano, ordenáronse 100.000 novas hectáreas, acadando as 500.000 ha actuais”. Así mesmo, o director destacou que se veñen de superar as 400.000 ha certificadas, preto da metade en montes de xestión pública.

Doutra banda, Chan lembrou que a Xunta ten aprobado ou en proceso de aprobación máis de 18 millóns de euros en axudas para aumentar en 2022 e 2023 as plantacións e as accións silvícolas en masas de coníferas e de frondosas caducifolias, para primas de mantemento das superficies forestais e para a elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestal. A ese montante, hai que engadir outros 23 millóns repartidos entre 2023 e 2024 para novas plantacións, accións silvícolas de prevención, primas de mantemento e restauración de soutos, entre outras.

Una idea sobre “Galicia xa cortou 9 millóns de metros cúbicos de madeira no que vai de ano, o 56% de eucalipto

  1. Pablo Martínez Zurimendi

    Las cifras eran erróneas, son 9 millones, no son nuevemil millones. Deben revisar sus fuentes para ajustarse a la realidad y ser confiables.

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información