Viña

Galicia, entre as Comunidades cun mellor comportamento das exportacións de viño en 2022

Loading ad.
Ad could not be loaded.
21/03/2023 1:29 p.m.

Segundo datos analizados polo Observatorio Español del Mercado del Vino (OeMv), as exportacións vitivinícolas españolas alcanzaron en 2022 o seu máximo histórico en termos de valor, con 3.422,8 millóns de euros, un 3,5% máis que en 2021.

Porén, caeron un 11,9% en volume até os 2.744 millóns de litros (comparados cun 2021 de récord), ao subir o prezo medio un 17,4% até os 1,25 €/litro, o máis alto dos últimos 4 anos. Respecto de 2021, España facturou 114,3 millóns de euros máis a pesar de exportar 370 millóns menos de litros.

En 2022, 13 das 17 comunidades autónomas españolas facturaron máis en exportación vitivinícola, a pesar de que só 5 venderon máis litros. Estas 5 (Murcia, Andalucía, Asturias, Canarias e Baleares) foron as únicas que baixaron de prezo. Castela-A Mancha liderou un ano máis as exportacións de forma clara, seguida de Cataluña en valor e da Comunidade Valenciana en volume. Murcia foi a que máis medrou en termos absolutos, tanto en valor como en volume.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Galicia exportou un 11,9% menos, até os 17,9 millóns de litros, facturando un 1,8% máis, até os 59 millóns de euros (cifra récord), a un prezo medio un 15,5% superior (3,29 €/l.). Con todo existe un importante contraste entre provincias: En Pontevedra, cuxas exportacións de viño están case todas amparadas polo CRDO Rías Baixas, o prezo medio foi de 5,70 euros o litro, mentres que nas provincias de Ourense e Lugo, con maior peso do viño fóra de DO ou a granel, os prezos medios foron de 2,14 e 1,60 euros o litro, o que lastra o dato global galego.

Descarga aquí o informe completo

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada