Carne

Fruga advirte da caída de prezos nos animais de Ternera Gallega

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 10/04/2024 12:32 p.m.

A organización agraria Fruga emitiu un comunicado para advertir dunha importante caída de prezos nas granxas de Ternera Gallega, pois “estamos a falar de máis de 60 céntimos por Kg canal, o que supón en torno a 120 euros por animal nas ganderías de produción tradicional”, as ligadas ó selo Ternera Gallega Suprema.

De persistir esta situación, as perdas acumuladas poden rondar os 11 millóns de euros anuais no conxunto de granxas de Ternera Gallega, segundo expón a Fruga.

A organización lembra que desde a Xunta se lle prometeu a todas as ganderías unha axuda de en torno a 200 euros por cada animal sacrificada de Suprema, pero “pasado o tempo, esa axuda segue sen cobrarse e todo parece indicar que o importe vai ser inferior na maioría dos casos. Ademais, os grandes beneficiarios desta axuda están sendo os matadoiros”, sostén a Fruga.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Desde a organización cuestionan ademais que en Asturias, a veciña IXP estea a ter prezos superiores ós de Ternera Gallega, “o que é algo insólito na historia das dúas Indicacións Xeográficas Protexidas”.

Así as cousas, a Fruga critica tamén o acordo asinado polo conxunto da cadea da carne no 2022 en Galicia, baixo o paraugas da Xunta, pois se ben nun primeiro momento serviu para revalorizar prezos, a organización agraria considera que a situación actual demostra que o acordo fracasou. Tamén considera fallida a Ley de la Cadena Alimentaria, pois non está a servir para defender o prezo dos animais nas granxas.

A Fruga insta a Medio Rural a adoptar medidas para correxir a situación, sen destacar iniciar algún tipo de accións.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada