Friol albergará unha plataforma loxística para venda online de produtos do rural galego

Friol albergará unha plataforma loxística para venda online de produtos do rural galego

O grupo madrileño Envaco, a través da plataforma de venda online de produtos agroalimentarios Ruralsell, proxecta a implantación das súas futuras instalacións de loxística para o 2022 con sede no polígono industrial do concello lucense de Friol.

O Concello de Friol é o impulsor do principal Marketplace de Galicia que mantén unha clara tendencia á innovación e dixitalización. Así, pecha o acordo coa plataforma RURALSELL para que no proxecto de implantación de 2022 asente a súa sede loxística no polígono industrial deste municipio.

A previsión de creación dunha central loxística duns 1.500m2 acondicionada para almacenar produtos diversos incluíndo frío. Prevese un investimento de preto de 500.000 euros nas instalacións e a creación de 10 postos de traballo directos dos cales o 50% serían ocupados por persoas con discapacidade ou en risco de exclusión, á vez que indirectamente se pretende xerar outros 10 postos de traballo na comarca.

Campaña solidaria

O Marketplace RuralSell, inicia unha campaña de sensibilización e solidaria que terá o seu punto de partida no Concello de Friol.

Durante o mes de Novembro e parte do mes de Decembro percorrerá as diferentes cidades de Galicia cun estand informativo á vez que recollerá xoguetes para ser posteriormente doados mediante a súa páxina web https://ruralsell.com a todas aquelas familias que acrediten a súa situación de desemprego ou familia numerosa.

O próximo día 25 de novembro desde as 10 da mañá, calquera persoa poderá achegarse á Praza de España, xusto diante do C.P.I Doutor Suárez, onde terán situados as casetas e tamén recibirán un VALE de 10 € para comprar en RuralSell, para recibir este vale terá que facerse un Selfie cun desexo para 2022 e coa lenda de “Apoio ao Rural”. Entre os selfies con máis me gustas sortearase unha cesta de Nadal valorada en 250 €.

No mesmo acto, recibiranse xoguetes ou outros tipos de obxectos para agasallo de todas aquelas persoas que así o desexen, sendo premiado este acto solidario cun VALE ADICIONAL de 5 €.

Durante o evento, poderanse tamén comprar produtos do Rural dos comercios e produtores que participan no acto ademais dunha degustación de produtos típicos da zona.

rural poligono FRIOL

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información