A Feira do Ferro de Riotorto chega á súa 15 edición o vindeiro día 21

A tradición dos ferreiros deste municipio será a protagonista dunha xornada con demostracións en vivo de oficios e actividades gastronómicas e musicais

ferreiros riotorto estandarA exhaltación do traballo dos ferreiros volve un ano máis ao concello lucense de Riotorto nunha nova edición da Feira do Ferro, que cumpre xa 15 anos. Será o día 21 de abril e durante toda a xornada haberá demostracións en vivo de oficios tradicionais, actividades gastronómicas e actuacións musicais. 

A Feira do Ferro que se celebra en Riotorto dende o ano 2007 no mes de abril, está organizada pola Asociación de Ferreiros e o Concello de Riotorto co apoio da Fundación Artesanía de Galicia e convértese cada ano nun revulsivo importante para a economía local ao ser unha cita que atrae a centos de visitantes.

Na actualidade na zona de Riotorto hai aproximadamente unha ducia de persoas facendo pezas de ferro. Combinan no seu traballo a elaboración de navallas e coitelos e de útiles de labranza con pezas por encarga de forxa e artesanía.

Na actualidade na zona de Riotorto hai aínda aproximadamente unha ducia de persoas traballando o ferro

As demostracións en vivo de artesanía do ferro na carpa da feira xuntarán tanto a ferreiros locais e doutros puntos de Galicia como doutras comunidades como Navarra. Así, estarán a cargo de ferreiros de Riotorto así como de Alberto Leis, Antonio do Corgo, Forxa Chago, Thomas Mink e Jorge Eiroá.

Os obradoiros infantís serán impartidos polo ferreiro austríaco Friedich Brasmsteidl e pola tarde os máis pequenos poderán disfrutar dun espectáculo no atrio da igrexa. Será Mira el Coyote Show, co mago máis televisivo do momento.  

Haberá demostracións de pirogravado, torneado de madeira, cestería, alfarería e cristal tallado

O programa volve contar tamén con demostracións en vivo doutros oficios tradicionais: cristal tallado a cargo de Eugenio Soto de Vigo; alfarería con Aparicio de Buño; cestería con Lito de Lugo; torneado con José Manuel de Arzúa, e pirogravado con José Lázaro de Ponferrada. 

A animación de rúa e musical a cargo do Coro de Riotorto, Gaiteiros de Riotorto e Charanga NBA e un espectáculo itinerante de fogo e malabarismo serán os encargados de poñer o ambiente festivo durante todo o día. Haberá tamén polbo e comida para xantar.

Programa da Feira do Ferro 2024

cartel Feira do Ferro 2024programa Feira do Ferro 2024 2Dípticos 2024.cdr

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información