Prezo de 10.367 euros por un boi en Silleda, segundo no ránking histórico de cotizacións
A Central Agropecuaria de Galicia Abanca viviu este martes unha xornada de prezos récord, cun boi que acadou o segundo valor máis alto na historia do mercado. Trátase dun animal mestizo nacido en novembro de 2018 e que procedía dunha gandería de Aranga (A Coruña).
O exemplar foi vendido por 10.367 euros, de xeito que por encima deste valor só se sitúa outro boi que acadou os 10.469 euros, o 1 de marzo do ano pasado.
O boi foi adquirido pola empresa Frigoríficos Bandeira, situada tamén en Silleda, a escasos quilómetros do recinto feiral. A firma está especializada na comercialización do vacún, sobre todo no vacún maior de calidade, e é un dos compradores habituais na Central.