Mañá venres, 29 de marzo, celébrase na localidade luguesa de Pedrafita do Cebreiro a tradicional Feira do Queixo do Cebreiro, que este ano chega á súa edición número 36.
A feira ten como obxectivo exaltar este queixo fresco, con Denominación de Orixe Protexida, considerado un dos máis exquisitos do país, e elaborado con leite pasteurizado, que o converte nun delicioso manxar.
Durante a feira, que comezará a partir das 09.30 horas, as queixerías acollidas ao Consello Regulador, porán á venda os seus deliciosos queixos a prezos populares.
Os asistentes a esta xornada tamén poderán adquirir outros produtos elaborados de forma artesá, como mel, viño, pan, artigos de coiro, …,
Ademais, haberá animación musical: A partir das 11.00 horas con os pasarúas da charanga Louband e ás 12.00 horas deleitarse con baile galego da Asociación Cultural Abrente das Nogais.
Este ano o pregón, acto que terá lugar ás 13.00 horas, estará a cargo do CPI Uxío Novoneira.