‘Campo Galego’ organizou en Lugo este debate, transmitido tamén online, no que as tres formacións con representación parlamentaria, PPdeG, BNG e PsdeG-PSOE debaten sobre os desafíos que encara a Xunta nos próximos catro anos para apoiar á gandería, agricultura e sector forestal.
Os debatintes son os seguintes:
– José Balseiros (PpdeG). director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias e director do Fondo Galego de Garantía Agraria da Consellería do Medio Rural. Candidato do PPdeG por Pontevedra.
– Xosé Luis Rivas (BNG). Portavoz de Medio Rural do BNG no Parlamento.
– Jaime Losada Sobrado (PSdeG-PSOE). Veterinario e integrante da candidatura do PSdeG-PSOE por Lugo.
Cada partido tivo libertade para decidir os seus representantes no debate. Moderará o acto o codirector de Campo Galego David González e dará a benvida do acto o subdirector de Prácticas e Mobilidade da Escola Politécnica Superior de Lugo, Emilio Carral.
Está previsto que o acto teña unha duración total de 2 horas (16.30 – 18.30 h.).