Descende o número de ganderías e animais pertencentes a Acruga

A asociación de criadores de raza rubia galega está formada actualmente por 1.735 explotacións e 27.000 vacas nodrizas. Cos prezos no matadoiro sen acabar de recuperarse, o sector encara un final de ano "crucial para o sector", en palabras de César Dorado

La asamblea anual celebrada este viernes tuvo lugar en el Pazo de Feiras de Lugo extremando las medidas de distanciamiento entre el medio centenar de socios participantes

A asemblea anual celebrada este venres tivo lugar no Pazo de Feiras de Lugo extremando as medidas de distanciamento entre o medio cento de socios participantes

Continúa descendendo o número de ganderías socias en Acruga e o número de animais de raza rubia galega rexistrados, cunha perda de 1.000 reprodutoras no último ano, segundo o balance realizado este venres na asemblea anual da entidade, que prevé un final de ano “crucial para o sector”.

Como cada ano por estas datas, este con certo atraso pola crise sanitaria, Acruga fixo balance do exercicio anterior nunha asemblea xeral celebrada no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, extremando as medidas de seguridade entre os asistentes, como distanciamento e uso de máscara, e prescindindo nesta ocasión dos actos lúdicos habituais, xa que non houbo nin homenaxe a xubilados nin a tradicional comida.

Si que se tivo lugar igual a asemblea, á que acudiron uns 60 socios e socias, e na que se detallaron os datos que definen o exercicio 2019, un ano marcado por bos números en canto a vendas, prezos medios en poxas e exportación de seme, entre outros aspectos, pero tamén cifras que falan dun lixeiro estancamento no crecemento de explotacións e animais.

Os datos do exercicio pasado son bos en canto a vendas, récord en prezos medios en poxas e exportación de seme, pero continúan a tendencia dos últimos anos en perda de explotacións e número de cabezas

As ganderías rexistradas descenderon no último ano, pasando de 1.749 a 1.735. Tamén o número de animais baixou dos 38.710 do 2018 aos 35.476 do pasado exercicio. O descenso foi menor no número de reprodutoras, unhas mil menos, o que sitúa ao 2019 cun rexistro de 27.000 vacas nodrizas.

Prevense meses difíciles

Un aspecto que quedou patente entre os asistentes é a incerteza sobre os próximos meses, que xera preocupación e inquietude entre os gandeiros de Acruga. Unha das cuestións que a actual dirección puxo de manifesto na asemblea é como se vai a encarar o que queda de ano e as medidas a tomar para facer fronte á particular crise que atravesa o sector da carne co descenso da demanda e, por tanto, dos prezos.

Prevese que se poidan celebrar as poxas de Adai a próxima fin de semana e en outubro e as de Pedrafita e A Fonsagrada en setembro

Ante este difícil panorama, os esforzos de Acruga irán encamiñados a promover máis axudas institucionais para os gandeiros de rubia galega, e a seguir adiante cos distintos convenios e programas de axuda. Ademais, para o que queda de ano, espérase que se poidan celebrar algunhas das poxas do calendario de feiras, entre elas moitas de peso, como Adai, a próxima fin de semana e no mes de outubro, ou as de Pedrafita e Fonsagrada, en setembro.

Novo récord no prezo medio de venda en poxas en 2019

Gráfico que muestra la evolución del precio medio alcalzado en las subastas de Acruga en la última década

Gráfico que mostra a evolución do prezo medio alcanzado nas subastas de Acruga na última década

Será nestas feiras cando se poderá avaliar realmente se a venda de animais en poxas e os bos prezos alcanzados en 2019 se manteñen tamén neste 2020. De feito, o prezo medio do pasado ano foi de 2.359 euros, o que supón un novo récord na historia das poxas organizadas pola asociación.

Se o dato do prezo medio é bo, aínda é mellor o que recolle o número de animais adxudicados: un 96% de exemplares adxudicados nas dez poxas celebradas ao longo do ano. Isto explícase, en boa parte, pola alta calidade xenética e morfolóxica das xovencas presentadas, así como polo seu valor desde o punto de vista produtivo e reprodutor.

Gran parte das xovencas presentadas a estas poxas proceden do rabaño de elite da granxa Gayoso Castro, onde Deputación de Lugo e Acruga traballan desde hai anos na mellora da selección de animais de alto valor, que logo se ofrecen nestas poxas. De feito todos os exemplares procedentes deste centro adxudicáronse.

Venda de seme

Evolución de la venta de semen de raza rubia gallega

Evolución da venda de seme de raza rubia galega

Outro dos datos positivos que amosa o balance do 2019 é a recuperación da venda e exportación de doses de seme, trala importante caída do ano 2018. As vendas de doses de seme de raza rubia galega ao exterior, practicamente duplicaron en 2019 os datos do 2018, achegándose aos números do 2017, que estableceron un récord no que se refire a este apartado. Brasil e Uruguai centran a exportación ao exterior, que supera as vendas que se realizan no mercado nacional.

Outro dos aspectos sobre os que se informou aos gandeiros na asemblea de hoxe foi sobre os convenios con diferentes organismos e institucións que se levaron a cabo ao longo de 2019, moitos dos cales se desenvolverán tamén nos próximos anos.

Seleccionáronse 25 sementais como doantes para o Banco de Xermoplasma Nacional xestionado polo Ministerio de Agricultura en Colmenar Viejo

Entre estes destacan, por exemplo as axudas a asociacións do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente para traballar na conservación, mellora e fomento das razas puras autóctonas, un convenio ao que se acolleu Acruga. A Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega tamén levou a cabo ao longo do 2019, e dependente do mesmo ministerio, a xestión do Libro Xenealóxico e outro proxecto para o envío de seme de raza rubia ao Banco de Germoplasma Nacional, en Colmenar Viejo, coa finalidade de preservar a raza. Seleccionáronse 25 sementais como doantes baixo o criterio de máxima distancia xenética, unha elección dos xenetistas que busca garantir a variabilidade xenética da raza.

Implantación de embrións

Ganaderías participantes en el programa de Mejora Genética de la raza rubia gallega mediante implantación de embriones

Ganderías participantes no programa de mellora xenética da raza mediante implantación de embrións

Acruga tamén continuou desenvolvendo o programa de Consolidación e Diversificación da Raza Rubia Galega, dependente da Consellería do Medio Rural, un convenio que se renovou a principios deste mesmo ano e que, por tanto, estará vixente ata 2022. Grazas a este programa están a intensificarse os traballos de selección de reprodutores, co fin de recuperar e mellorar a variabilidade xenética da raza, mediante dúas liñas de traballo: a obtención de descendentes machos de alto valor xenético e a formación dun núcleo aberto de reprodutoras de elite con carácter de doadoras de embrións.

En 2019 participaron 74 ganderías, con 152 embrións colleitados e 68 implantados, o que supón un gran avance con respecto a exercicios anteriores. Hai que lembrar que a participación neste programa leva aparelladas diversas compensacións económicas para os gandeiros.

Tamén ata 2022 estará vixente o convenio asinado coa Deputación de Lugo para a recría de xovencas na Granxa Gayoso Castro, así como outra linea de axudas directas aos gandeiros de Lugo polas femias rexistradas no rexistro definitivo.

Estudo xenómico da raza rubia galega

A importancia do estudo da xenómica da raza é desde hai anos uno dos obxectivos principais da asociación que preside César Dourado. Por iso é polo que no 2019 Acruga se acolleu ao Programa de Selección Xenómica en Raza Rubia Galega, utilizando un chip de SNPS de alta densidade. O programa desenvólvese desde 2019 ata 2021 e na que será a súa segunda anualidade levará a cabo a análise xenómica de 1.000 animais. Participan no devandito proxecto, ademais de Acruga, o departamento de xenómica da USC, Unizar, e Xenética Fontao.

Co Grupo Opetarivo Exportgen, Acruga está inmerso nun proxecto de tres anos, que conta coa participación de Feagas, Asturgen e ANCE. O seu obxectivo a creación dunha estrutura de comercialización que facilite a exportación de material xenético de razas autonómicas españolas e elaboración dun plan estratéxico de internacionalización que dinamice e facilite a exportación. Este ano íase a promocionar a raza con asistencia a feiras internacionais e visitas de posibles compradores doutros países, iniciativas que se tiveron que pospoñer a causa do Covi-19. Si se están preparando estudos de mercado, publicidade, catálogos, e demais material promocional noutros idiomas.

Preocupación entre os gandeiros asistentes pola evolución dos prezos nos próximos meses

Animales sacrificados con la marca Ternera Gallega Suprema-Animales de Raza Rubia Galega

Animais sacrificados coa marca Ternera Gallega Suprema-Carne de Rubia Galega

Os baixos prezos actuais de comercialización da carne e a incerteza sobre a evolución dos próximos meses centrou boa parte das intervencións dos gandeiros asistentes á asemblea. Acruga mantén desde hai anos un convenio co matadoiro Baixomiño para o sacrificio e comercialización de canles dos seus asociados coa marca Ternera Gallega Suprema-Carne de Rubia Galega.

Con todo, a maioría dos socios de Acruga comercializan por libre ou por outras vías as súas reses, de tal forma que só unha pequena porcentaxe dos 35.000 animais rexistrados en Acruga comercialízanse mediante este acordo, que segundo os datos facilitados na Asemblea son de media uns 40 tenreiros semanais os sacrificados.

Unha das esixencias que os asistentes fixeron á directiva de Acruga foi a de mellorar os prezos das canles de rubia nos matadoiros. Os baixos prezos actuais xeran gran descontento entre os produtores, pero o representante do matadoiro Baixomiño, presente na asemblea, indicou que non se prevén subidas relevantes a curto prazo.

Outras vantaxes máis aló do prezo

Desde a directiva explicaron que hai varias vantaxes para os gandeiros que se acollen ao servizo de comercialización de canles de Acruga como transporte gratuíto; maior rendemento de canles; venda asegurada en épocas de pouca demanda (como está a ocorrer con esta crise sanitaria) e pagos a curto prazo (aproximadamente 8 días). Con todo, moitos dos gandeiros asistentes sinalaron que os prezos seguen sendo baixos e que se debería traballar e negociar cos matadoiros para lograr un maior beneficio económico.

Existe malestar coa canle de comercialización de Acruga polos baixos prezos pagados pero o representante de Baixomiño informou de que non se prevén subidas importantes nos próximos meses

Desde hai anos Acruga ten vixente un convenio con Ternera Gallega para promocionar a marca Ternera Gallega Suprema-Carne de Rubia Galega. No 2019 rexistrouse un incremento de animais certificados e sacrificados baixo esta marca.

Ademais, como parte da colaboración con Ternera Gallega, Acruga tomou parte, en 2019, na iniciativa Exaltacións Gastronómicas na Provincia de Lugo, posta en marcha pola Deputación de Lugo e a Asociación Provincial de Hostalería de Lugo en máis de 50 restaurantes cun bo resultado de participación. Tamén a través da asociación de hostaleiros lucenses, Acruga promocionou a súa carne nas casetas da Volta Ciclista España 2019.

Sector crítico

Precisamente a promoción da carne centrou un dos moitos debates que se sucederon ao termo da asemblea de hoxe. A maior parte dos gandeiros e gandeiras asistentes reclamaron á directiva unha mellor promoción da carne de Rubia Galega no mercado para que o consumidor diferencie esta raza do resto das denominacións integradas en Ternera Gallega.

As solicitudes de auditorías externas en materia de xestión e de pureza xenética non chegaron a votarse

As augas andan revoltas desde hai algún tempo en Acruga, con peticións de auditorías externas solicitadas, tanto sobre a xestión da entidade, como sobre a xenética da raza, que con todo non chegaron a votarse na asemblea celebrada este venres ao ser consideradas “rogos e preguntas”.

Tampouco chegou a votarse o anuncio da directiva de subida de cotas prevista. Ata o de agora existía unha especie de tarifa plana, con dous baremos, de 30 e 60 euros, en función do número de animais. Acruga pretende modificar este sistema para que sexa proporcional ao número de cabezas de cada explotación, cunha cota inicial de 30 euros para as primeiras 10 cabezas e a partir de aí un euro por animal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información