Cursos de prevención de danos da fauna ó gando en Carral e na Pontenova

Cursos de prevención de danos da fauna ó gando en Carral e na Pontenova

A Organización de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia organiza unhas xornadas sobre prevención ante ataques ao gando por fauna silvestre. Estas xornadas celebraranse nos concellos de Carral, o 19 de abril, e A Pontenova o 26 de abril. Os obradoiros serán de balde e abertos ao público xeral.

Este é o programa común ás dúas palestras:

09h-14h
-“O lobo e outros depredadores do norte galego: coñecer máis para protexer mellor”. Óscar Chao Penabad, Asociación Rebinxe.
-“Sistemas eficaces de protección contra ataques”. José Vicente López Bao, científico titular do CSIC.
-“Tipos de peches para protección do gando”. Tito de Trafogal.

En ambas reunións haberá unha visita programada despois do xantar. Así, en Carral a comida será no ‘Avelino Mesón do Vento’ e na Pontenova será no hotel-restaurante “San Briz”.

Para inscribirse no curso e máis na comida: 669 12 89 46 – ovica@ovica.org

As visitas serán ás 16:30 até as 19:30.
-En Carral será á granxa Monte Xalo.
-Na Pontenova será á granxa Alejandro Salvatierra.

Cartel Fauna Carral (1)

Cartel Fauna Pontenova (2)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información