Véndese rabaño de ovellas de raza dorper, composto por 130 animais (3 machos e o resto reprodutoras, tanto brancas como de cabeza negra, de idades comprendidas entre o 2014 e o 2022). Atópase na parroquia dos Vilares, en Guitiriz, e as ovellas véndense por lotes ou individualmente.
A explotación foi socia de OVICA e foi unha das pioneiras da introdución da raza dorper en España. O seu propietario, Juan Veres, faleceu fai un mes e a súa familia vese obrigada a vender o gando ao non dispoñer do tempo necesario para facerlle fronte ao traballo que require a granxa.
“O meu pai era quen levaba as ovellas e nós temos outros traballos e non podemos atendelas. Agora mesmo están cubertas porque entre os meses de xaneiro e marzo estiveron cos machos”, explica a súa filla, Antía Veres.
A raza dorper é unha raza de vocación cárnica de orixe surafricana que ten como característica principal que pela soa, polo que non é necesario ter que esquilar as ovellas, o que reduce os custos e a man de obra necesaria para este traballo anual.
A raza dorper non precisa ser esquilada, o que reduce os custos na explotación
Neste rabaño hai presentes liñas xenéticas diferentes procedentes de Australia e de Suecia. “Son animais moi rústicos e cunha moi boa capacidade de adaptación ao medio galego”, explica Antía.
Ademais, conta, “son moi prolíferas, a media na explotación é de 1,7 crías por ano, e son moi capaces de criar elas soas, sen supoñer un traballo engadido sacar os años adiante na época de parideira”.
As persoas interesadas poden contactar con Antía no teléfono 628 822 397.