Curso en Ribadeo sobre poda de árbores en altura

Curso en Ribadeo sobre poda de árbores en altura

Foto: https://a5verticales.com/

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organiza este venres 10 de setembro no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) Pedro Murias de Ribadeo un curso sobre técnicas de gabeo, desprazamentos e poda en altura. A iniciativa está previsto que se desenvolva en horario de mañá e tarde, de 10,00 h. a 14,00 h. e de 16,00 h. a 20,00 h.

A acción formativa persegue explicar as técnicas de trepa e desprazamentos sobre árbores, os métodos de poda en altura xunto cos seus fundamentos e como se pode podar dende o alto do propio exemplar con motoserra e outras ferramentas de xeito seguro. Así, o programa recolle os principios xerais do traballo de poda en altura, as distintas técnicas de trepa e gabeo e os equipos de trepa e de acceso á árbore, así como os métodos de poda en altura.

Este curso está dirixido en xeral a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como a mozos e mozas do medio rural galego e a persoas con expectativas de incorporación ao sector.

Para inscribirse é preciso descargar a solicitude nesta ligazón, e enviala cuberta ao enderezo electrónico pablo.gomez.nogueira@xunta.gal. Os interesados en asistir poderán solicitar calquera información adicional chamando ao teléfono 982828553.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información