Curso de iniciación e mellora da gandería de vacún de carne

Publicidade
Curso de iniciación e mellora da gandería de vacún de carne
Data inicio: 12/07/2021
Data fin: 16/07/2021
Lugar: Verís (Irixoa - A Coruña)

A Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGAGAL), en colaboración coa Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos organiza o curso “Iniciación e mellora da gandería de vacún de carne”.

A formación, impartida por Beealia, desenvolverase do 12 ó 16 de xullo en horario de 9.00 a 14.00 horas, polo que contará con 25 horas lectivas. O curso impartirase no local social de Verís, en Irixoa (A Coruña). 

As xornadas están destinadas a agricultores en activo, persoas con solicitude de incorporación á actividade agraria, así como persoas en idade laboral e menores de 60 anos con expectativas de incorporación ao sector primario.

No curso abordaranse os seguintes contidos:

  • Situación do sector vacún de carne (Mundo – Galicia)
  • Razas de vacún de carne
  • Alimentación dos rumiantes e requirimentos nutricionais
  • Reprodución (fisioloxía e manexo reprodutivo)
  • Sistemas de produción en Galicia
  • Cebo de xatos (dentro e fóra)
  • Comercialización: opcións e estratexias
  • Sanidade (conceptos básicos)
  • Clima e Cambio Climático
  • Solo e planta (coñecementos básicos)
  • Manexo, implantación e fertilización de pradeiras (convencional e ecolóxico)
  • Instalacións básicas para o manexo do gando (casos prácticos)
  • O lobo e a gandería de vacún de carne
  • Actores ao redor da gandería (OACs, asesores, inspectores, veterinarios, insumos, …)
  • Axudas básicas (INC/PM, PB/PV, Agroamb, ZLN, Prevención, … Nova PAC)
  • Conta de explotación
  • Visita a unha gandería para a posta en práctica dos coñecementos adquiridos ao longo do curso
  • Avaliación do curso

Inscrición

As solicitudes deberán ser presentadas pola persoa interesada en participar no curso, preferentemente na Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, empregando o seguinte formulario. Tamén se pode remitir ó correo diego.miranda@marinasbetanzos.gal. Ademais, os interesados poderán matricularse a través da sede electrónica da Xunta, mediante o procedemento PR004A. 

Esta actividade está enmarcada no Plan de Formación ao Agro Galego 2021, impulsado pola Consellería do Medio Rural, co obxectivo de apoiar e promover a competitividade do sector agrario en Galicia.

 

Curso vacun de carne_ Irixoa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información