Curso de formación en material forestal de reproducción

Publicidade
Data inicio: 25/05/2022
Data fin: 25/05/2022
Lugar: Xunta da Galiza. Delegación Territorial de Lugo, Ronda da Muralla, Lugo, España

O Distrito Forestal IX Lugo-Sarria organiza un curso de formación sobre “Material Forestal de Reprodución”. A xornada celebrarase na sala Muralla do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo o mércores 25 de maio de 16h a 20h.

O curso será desenvolvido por persoal técnico da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal e contará cos seguintes aspectos a desenvolver:

-Lexislación e procedementos máis comúns( recollida de froitos, libros de rexistro, etc).
-Situación actual do rexistro Galego de Materiais de Base, categorías, especies e subministros.
-Planificación de trabajos da DXPOF en relación ao catálogo.

As persoas interesadas poden preinscribirse no seguinte enderezo:
https://ovmediorural.xunta.gal/es/consultas-publicas/acciones-formativas

Máis información no teléfono 982 828 620, así coma no correo distrito.forestal9@xunta.gal ou en Twiter: @Dist_Forestal9

Velaquí o programa:

Curso MFR 25 maio 22 material forestal reproduccion

Esta acción formativa está incluída dentro do programa de primaveira de “Cadeiras de Divulgación Forestal” organizado polo Distrito Forestal IX Lugo-Sarria, dentro do plan de formación agroforestal 2022 de AGACAL-Consellería do Medio Rural.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información